Na
reunión de hoxe día 24 de abril como xa esperabamos Correos fixo un discurso
catastrofista da situación para xustificar o inicio da desescalada.
Os 3 puntos na orde do día eran os
seguintes:
1. Análise
da situación económica-financeira da compañía. Peche do primeiro trimestre.
2. Risco
nos contratos vinculados a grandes clientes.
3. Garantía
da seguridade do Persoal de Correos. Proposta de desescalada paulatina para recuperar a
actividade normal da empresa.
A empresa iniciou a súa intervención
dando unhas cifras de perdas, as cales non podemos corroborar porque non
achegaron documentación algunha. Por certo, xa coñeciamos de antemán estas
cifras porque como é costume por Correos, serviuse do sindicato amigo de quenda
para que lle fixera de altofalante ante os traballador@s e os medios de
comunicación, coa finalidade de meter medo ao persoal e de condicionar a
reunión.
Os datos que deu a empresa foron os
seguintes:
• Volume
de perdas derivada pola Situación do
COVID-19
• Perdas
de volume de cartas 50%
• Perdas
de volume de carta certificada 68%
• Perdas
de volume de paquetería 95%
• Temos
unha perda de ingreso mensual do 40%
• Que
o 84% dos ingresos mensuais destínanse ao pago das nóminas
• Que
temos dúas liñas de crédito aberto como medida de prevención con CAJAMAR e UNICAJA e que por primeira vez na
historia de Correos tivemos que utilizar unha destas liñas para facer fronte ao
pago das nóminas do mes de marzo e que se volverán a utilizar para pagar as do
mes de abril.
• A
cantidade que se solicitou para afrontar o pago das nóminas do mes de marzo foi
de 37´6 millóns de euros.
• Que
se prevé unhas perdas de 100 millóns no primeiro cuadrimestre deste ano.
Por último, informáronnos que durante
o fin de semana nos remitirán o plan de
desescalada ideado por Correos para discutilo o luns noutra reunión.
Desde CIG na nosa intervención dixemos
entre outras cuestións o seguinte:
1. Non
nos parece que temas tan transcendentes se teñan que tratar nunha Comisión do
Emprego, senón que se debeu de Convocar a Mesa Sectorial porque os puntos
afectan a todos os traballadores incluídos os funcionarios. Lembrámoslles que a
CIG é membro da Mesa Sectorial ao ter a condición de sindicato máis
representativo do Sector.
2. Que
en Correos estamos a afacernos aos discursos bipolares, tan pronto temos
ganancias como estamos na absoluta ruína, pasamos da risa ao choro nun momento.
A principios de decembro do ano pasado o propio Presidente de Correos fixo
unhas declaracións aos medios de comunicación, anunciando pouco menos que os
milagres da súa xestión, pasando das perdas de anos anteriores a obter uns
beneficios de 14 millóns de euros e que ademais estes nada tiñan que ver co que
ingresamos polos procesos electorais. Con todo, antes de fin de ano
convocóusenos aos sindicatos a unha reunión para informarnos da mala situación
económica de Correos. Quen lles cre señores de Correos.
3. Que
os traballadores de Correos non queremos ser as cobaias nin o laboratorio de
probas de nada. Porque nos dá a sensación que se nos está utilizando. O día 16
de marzo tiñan que ir traballar os servizos esenciais e aos traballadores/as de
Correos se lles obrigou a ir traballar sen ningunha medida de protección, cando
o prudente era deter a actividade ata non ter todos os medios de protección.
Resultado ser o Sector con máis casos de
contaxios só por detrás dos sanitarios. Agora fálase de desescalada e xa somos os primeiros en querer
iniciala. Iniciar unha desescalada sen
esperar ao RD do goberno, sería repetir
os erros do pasado.
4.
Desescalada si, pero esta debe estar dirixida e coordinada pola Subdirección de
Prevención de Riscos Laborais en
consonancia coas directrices do Ministerio de Sanidade e non por criterios
comerciais. A incorporación graduada aos postos de traballo debe ir en función
do risco e as medidas deberán ser graduais para poder volver atrás se fose
necesario.
5. Dado
que temos que pedir un préstamo para pagar as nóminas, desde CIG solicitamos
que se nos remitan as cantidades que se invisten en pagar as retribucións
desagregadas por Grupos. É dicir, canto se inviste en pagar as nóminas: do
persoal operativo, Mandos intermedios, Corpo Superior, Directivos de Correos. E
así mesmo queremos saber o número de contratos que hai neste momento fóra de
Convenio, as súas retribucións e dietas que perciben. (Segundo o III Convenio
poden ser un máximo de 350)
6. Queremos
información sobre el Plan Estratéxico polo que se desembolsou máis de 338 mil
euros e que agora debe de estar obsoleto. (A este respecto contestaron que o
Plan se está modificando e que non está rematado).
Desde CIG insistiremos ata a saciedade
que para iniciar a desescalada e
incorporar traballadores/as aos seus postos, antes téñense que realizar TESTS a
todos os traballadores/as, porque podemos ter centos de traballadores asintomáticos que poden contaxiar non só aos
seus compañeiros senón á cidadanía en xeral. Así mesmo solicitamos que se doten
a todos os centros de traballo de termómetros por infravermellos para medir a
temperatura ao comezo da xornada para detectar posibles casos.