FIXADO O CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS
Remataron con grande éxito, pola participación masiva dos traballadores e traballadoras, as dúas primeiras xornadas de concentracións.
Onte día 14 deron comezo as mobilizacións contra os traslados forzosos do persoal da Unidade de Reparto 1 de Correos diante da oficina da que forman parte, no barrio da Ponte de Ourense, que continuaron na xornada deste martes día 15.
As protestas continuarán baixo esta fórmula, desprazándose á oficina principal da entidade en Progreso 53 para este mércores día 16, volvendo para a UR1 os vindeiros 17 e 18 de novembro, de 9 a 9:30h da mañá.
Non se descartan mobilizacións doutro tipo se dende a dirección de Correos non se toman medidas urxentes que suspendan defintivamente estes traslados inxusficados.
Dende a CIGcorreos o noso apoio incondicional para con todos os traballadores e traballadoras afectados pola reducción de postos e polos traslados forzosos da UR1 de Ourense.
CIGAVANTAR
FARO DE VIGO (Ollo, puxeron mal as datas)