Outra Reunión meramente informativa na
que Correos basicamente quería anunciar oficialmente que se empezará coa desescalada incorporando ao persoal para
traballar.
Sobre o persoal Sensible por patoloxías e maiores de 60 anos que están de
baixa.
Informan que conforme co Procedemento
de Actuación do 8 de abril e outro do 15 de abril ditado polo Ministerio de
Sanidade para os servizos de Prevención:
Os 4.132 traballadores/as por
patoloxías de risco, aínda que seguirán de baixa laboral, xa empezarán coa desescalada con este colectivo, excepto
os hepáticos e renais crónicos. (sen
data de incorporación)
Dos 4.489 traballadores/ as maiores de
60 anos, igualmente vanos a incorporar se non teñen patoloxías. (a data de
incorporación está por determinar)
A CIG está frontalmente en contra da
incorporación de calquera tipo de persoal e de iniciar unha desescalada, sen que se realicen os TEST a
todo o persoal, sería unha temeridade e unha irresponsabilidade expoñer a máis
traballadores, sen saber se temos a traballadores/as contaxiados asintomáticos.
Con respecto á problemática existente
en canto á concesión das baixas por parte dos Servizos de Saúde informan, que
non está a ser fácil de xestionar cos servizos de sanidade de cada CCAA e que
non en todas lles admiten os certificados que están a enviar aos traballadores,
mesmo dentro de una mesma CCAA os médicos actúan de distinta forma segundo o
seu criterio.
Desde CIG fixémoslle saber á empresa
da problemática existente en Galicia precisamente con este tema na que hai
médicos que non quixeron dar a baixa desde o inicio, outros que primeiramente
deron a baixa e posteriormente están a dar o alta e outros que deron a baixa,
pero con data na que o traballador foi ao Centro de Saúde e non coa que
figuraba no certificado. Así mesmo tamén lle fixemos saber á empresa que mesmo
hoxe había compañeiros que non recibiran o certificado da empresa de persoa
sensible.
A este respecto dinnos que Correos
está a traballar intensamente en solucionar todos os casos e asegura que non
haberá ningún problema cos 4.132 traballadores afectados por este motivo como
persoal sensible, así como os 4.489 maiores de 60 anos, que poden estar
tranquilos e que todos percibirán as súas nóminas. Desde CIG insistimos en que
Correos debe emitir un comunicado oficial tranquilizando aos traballadores/ as
afectados.
Datos de contaxios ou asimilados,
persoal en corentena e altas
Dixéronnos que non nos remitiran a
información desde o día 13 de abril porque estaban a traballar nun novo sistema
de notificación de afectados polo
COVID-19. Este novo sistema é conforme a un novo criterio que publicou o
Ministerio de Sanidade do 17 de abril. Grazas a este novo criterio, como por
encantamento desapareceron case todos os contaxiados:
Dos case 1.000 contaxios ou posibles contaxios e 3.000 en corentena, con este novo súper sistema de reconto a data de 23 de
abril de 2020, temos tan só 49 positivos confirmados por PCR ou test de anticorpos, con 11 altas; 389
probables ou posibles prescritos polos Servizos Médicos, con 195 altas; 2.720
en Illamento e corentena, con 1.496 altas.
Como o Goberno faga o reconto dos
casos de contaxios así, imos apañados.
Para CIG estes datos están manipulados.
Como é posible que desaparecesen a metade de casos de contaxio? Onde están?
Para nós está bastante claro que están a maquillar as cifras para xustificar
a desescalada.
Actividade
da Empresa:
Correos xa iniciou a desescalada, segundo os seus
propios datos hoxe estaba a traballar o 33,42% do persoal lonxe do 25% da
semana pasada. Neste punto a CIG insiste en que se nos desagregue por
colectivos a porcentaxe de persoal en activo.
Informaron tamén da detección de 1.400
máscaras defectuosas, nas zonas 2, 3, 4 e 6 ningunha na Zona 1, así como da
provisión de 15 millóns de euros para a compra de máscaras para o GRUPO
Correos.
Á marxe do exposto desde CIG
insistimos na xuntanza en:
- Que
se realicen TEST de COVID-19 a todo o
persoal.
- Que
se dote ás unidades de termómetros dixitais con medición por infravermellos ao
comezo da xornada laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.
- Que
se encargue a unha empresa especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza
dos equipos de climatización ante o
COVID-19 e así mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a
propagación ou non do COVID-19.
- Ante
a posibilidade de que o virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible
e houbese xanelas ou sistemas similares, se opte pola ventilación natural
apagando o aire acondicionado.
- Que
as luvas, máscaras e xeles desinfectantes se consideren como EPI´S e ante a falta de calquera deses
elementos se paralice a actividade.
- Que
a limpeza e desinfección a realicen empresas especializadas e non os
traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos
traballadores/as de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para
realizala
- Que
ante un caso de posible contaxio, se paralice a actividade nese Centro se
proceda á desinfección e a poñer en corentena a todos/as os traballadores/as
desa unidade mentres non se lles realicen os TEST.