Despois de dous anos co Concurso de
Traslados secuestrado agora convocase nun só día en vésperas das eleccións.
Hoxe 24 de
novembro celebrouse a xuntanza da Mesa do Concurso Permanente de Traslados,
nela facilitáronse as bases da convocatoria, que serán exactamente as mesmas
que a do anterior Concurso de Traslados.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
DENDE O 25 DE
NOVEMBRO ATA O 6 DE DECEMBRO DE 2015 AMBOS INCLUSIVE.
AMBITO DE
PARTICIPACIÓN:
Todos os
empregados que se atopen desempeñando postos dos grupos profesionais de
operativos e de servizos xerais: persoal funcionario, persoal laboral fixo e
fixo descontinuo e a tempo parcial. Poderán participar tamén o persoal laboral
dos grupos II e III, de forma análoga ao persoal funcionario.
MERITOS VALORABLES:
Establécense
os mesmos baremos que na anterior
convocatoria. Os cursos de formación que puntúan serán os realizados dende o 1
de xaneiro de 2005. Tamén haberá puntuación adicional por adaptación funcional
(2 puntos), por traslados forzosos como consecuencia de automatización e por
conciliación. Os méritos valoraranse con referencia ao 31 de decembro de 2015.
Cursos puntuables:
- Reparto/Axente Clasificación:0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).
Reparto
|
Axente/Clasificación
|
Produtos
|
Produtos
|
Atención ao cliente Reparto
|
SGIE tratamento
|
SGIE Distribución
|
- Atención ao Cliente: 0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).Máximo 2 puntos.
Iris V6 Atención ao Cliente, Produtos, Atención ao Cliente Oficinas e Outras aplicacións Oficinas.
6 puntos pola superación do Curso de Acreditación de Atención ao cliente.
PRESENTACIÓN DE
SOLICITUDES:
Unicamente
se poderá presentar en soporte informático mediante FORMULARIO ao que se accederá a través da INTRANET de
Correos ou da páxina web de Correos:
·
Intranet htpps://conecta.correos.es entrando en Concurso de Traslados
·
Web www.correos.es
entrando en información corporativa/recursos humanos/Concurso de Traslados.
Poderase
solicitar calquera dos postos de traballo para os que se cumpran os requisitos
cun límite de 75 peticións distintas (localidade e posto) e no orde de
prelación que determine cada candidato, debe terse en conta que cada enlace
rural ou oficina auxiliar se considerará unha localidade. Na adxudicación de
postos se respectará o orde de prelación conforme ao marcado por cada
empregado.