21 de abr. de 2020

A Tremer que Chegan as Rebaixas



Coma se os traballadores/as de Correos non tivésemos bastante coa situación do Coronavirus, agora Correos a través dun dos seus altofalantes sindicais, dinos que Correos tivo unhas perdas de 60 millóns de euros no primeiro trimestre do ano e que tivo que solicitar un préstamo de 47 millóns de euros para pagar as nóminas dos 55 mil traballadores. Ademais, agregan que a situación da empresa é caótica e que están en perigo o futuro dos traballadores/as, así como o da propia empresa.

Que pretende Correos e os seus  acólitos divulgando esta información….

  • Que os miles de traballadores/as desta casa vaian traballar, aínda que carezan de luvas, xeles e máscaras non vaia ser que perdamos o posto de traballo.
  • Que se realicen recargos interminables sen  rechistar.
  • Que se diga amén a todo o que diga a Xefatura.
  • Que non solicitemos contratación.

Unha vez máis vemos como non fai falla que Correos diga nada. Xa ten aos seus amiguiños para espallar os globos sondas. 

Non todo vale señores de Correos e amigos, a saúde dos traballadores non ten prezo.

Desde CIG seguiremos defendendo os dereitos dos traballadores e traballadoras de Correos por encima dos intereses comerciais. Porque grazas a eses intereses comerciais somos a empresa tanto no ámbito público coma no privado con máis casos de Coronavirus de toda España.

A ver se vos queda claro que coa saúde e a vida non se xoga.