O pasado día 7 de novembro tivo lugar a
reunión da Mesa Sectorial na que CIG ten representación e na que se tratou un
único punto “O novo Plan Estratéxico 2020/2023
O presidente de Correos empezou a súa
intervención informándonos sobre a súa intención de presentar un borrador dun
novo plan estratéxico 2020/2023 en decembro, pero unha vez terminadas as
eleccións sindicais. Posteriormente abriríase un proceso de estudo e de
alegacións coas OOSS durante o primeiro
trimestre do ano 2020.
Despois do presidente tomou a palabra a Director
da área de Finanzas e Expansión na que informou sobre os malos datos económicos
da empresa e que poñen á empresa nunha situación de Emerxencia. Os datos
máis significativos que expuxo na súa intervención foron os seguintes:
Ø A caída da actividade postal tradicional (a carta) pasando dunha previsión dun
4% de perdida no primeiro trimestre a un 20%, sen que ata o de agora se modere
esta caída .
Ø Parón no crecemento da
paquetería, pasando dun 40 por cento de crecemento a un 9,9 por
cento.
Ø Gasto en persoal subiu ata o 80 por cento dos ingresos da
empresa.
Valoración e intervención da CIG
Solicitamos que se remita a información
con antelación suficiente para o seu estudo e non que se entregue o mesmo
día da reunión.
Non Compartimos que o gasto en persoal sexa
un dos males da empresa debido a que os salarios dos postos operativos son moi
baixos. A este respecto imos
solicitar que se nos remita o gasto en persoal individualizado por Grupos
profesionais: canto é o Gasto en persoal operativo, en mandos intermedios,
persoal titulados medios, persoal titulado Superior e os gastos en soldo do
persoal que está fóra de Convenio, así mesmo que se nos informe o número
de traballadores que está incluído en cada grupo.
Dende a CIG NON imos tolerar nin
negociar ningunha diminución nos dereitos nin retribucións dos traballadores.
A intervención doutros sindicatos non foron
no mesmo sentido chegando a falar de estar dispostos de negociar “máis
flexibilidade”, cousa que ao noso entender é moi perigoso.