15 de nov. de 2019

DENUNCIA DE ACOSO EN CORREOS



DENUNCIA CONTRA A DIGNIDADE DOS TRABALLADORES

Os órganos de representación do persoal de Correos en A Coruña, puxeron en coñecemento da opinión pública a grave situación que están sufrindo algúns dos traballadores da Unidade de Reparto de Cee.

Denuncian o Comité de Empresa e Xunta de persoal de Correos que dende hai tempo están a recibir información por distintas fontes, de actuacións da xefa da carteiría de Cee, máis encamiñadas a acrecentar a condición de poder que sustenta a xefa de esta carteiría, que a conseguir unha mellora na organización ou na calidade do servizo e por descontado, nas relacións humanas entre o persoal da UR de Cee.


Denuncian tamén, que as actitudes despóticas de algún xefe, non son un caso illado. pero o caso da UR de Cee raia o escravismo.

Todo isto foi posto en comunicación do Director da Zona nº 1 co fin que ca maior brevidade posible se fagan as indagacións oportunas para descartar unha situación de acoso laboral e que preventivamente proceda ao cese inmediato da Xefa de distribución responsábel da unidade de reparto de Cee".



NOVAS RELACIONADAS:
AVANTAR