12 de nov. de 2019

Curso ON-LINE “Conducción Segura y Eficicente” 20 Mil Prazas Ofertadas


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.

Prazo de inscrición ate o 18 de Novembro

Inscrición: dende o campus virtual


Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com

Prema https://formacion.correos.es/