Atendidas parcialmente as alegacións da CIG. A suba segue parecéndonos insuficiente
e incluíse ao persoal contratado expresamente por campaña de Nadal.
Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal
2019
Percibirase
unha gratificación de 99,39 € polo
conxunto da campaña de Nadal.
Os requisitos para poder cobrar esta gratificación
son:
Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida
dende o 1 ao 31 de decembro.
Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e
fixos a tempo parcial) e persoal eventual.
Excluíndose as contratacións
especificas para entrega de notificacións en quenda de tarde.
Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición
urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos
centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática,
manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A,
condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal
operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e
empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.
Penalizacións:
Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,33 €, o segundo
e o terceiro 18,49 €. con máis de
tres días pérdese o dereito á percepción económica.
Exceptúanse da penalización:
Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento,
acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade
grave dun familiar ata segundo grao.
Dous días de permiso
de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións,
un durante a primeira quincena e outro durante a segunda quincena, sempre que
as necesidades do servizo o permitan.
Medidas organizativas:
Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de
tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.
Días 24 e 31: módulo de 83,08 € por traballador/día. deberán prestar servizo:
O persoal
mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e
distribución.
Só abrirán
as oficinas de centros comerciais, axustando o horario de atención ao público
ao propio do Centro Comercial.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non
traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda,
traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as
horas adicionais de festivo.
Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento
se faga efectivo a finais de xaneiro.
Ampliación ata o 29 de febreiro de 2020 para goce de permisos pendentes (A.P.,
DV e días EBEP)