Na
reunión da Comisión de Emprego Central celebrada o pasado día 11 de decembro
Correos informou sobre a implantación do Plan de Xubilacións Parciais con
contrato de substitución. 
As xubilacións
parciais van ir vinculadas á formalización dun contrato de substitución. A
empresa presentou as condicións xerais cos requisitos e criterios que se van a
aplicar, indicando que están pendentes da autorización das mesmas por parte
da  SEPI o Ministerio de Facenda, o
Ministerio de Traballo ou os legalmente preceptivos en cada momento. 
XUBILACIÓNS PARCIAIS: REQUISITOS DO
SOLICITANTE: IDADE E ANOS DE COTIZACIÓN
•           Ter 61
anos e 10 meses e un mínimo de 35 anos cotizados.
•           Ter 62
anos e 8 meses e un mínimo de 33 anos cotizados, neste suposto se se trata de
persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% o mínimo de
cotización é de 25 anos.
•           Prestar
servizos en Correos durante polo menos 6 anos ininterrompidos e inmediatamente
anteriores á data de xubilación.
•           A redución
da xornada para a xubilación anticipada será do 75%.
•           O
xubilado parcial acumulará o tempo de presenza efectiva de servizos que se
prestará ao principio da nova situación nun único período ininterrompido.
•           O posto
de traballo que desempeñará o xubilado a tempo parcial será o que veña
desempeñando no momento da solicitude da xubilación parcial.
Os criterios preferentes para a
concesión das xubilacións parciais ademais dos legais serán:
 1.         As
condicións  psicofísicas da persoa
traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.
1.         As
condicións  psicofísicas da persoa
traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.
2.         As
adecuacións organizativas dos postos de traballo.
3.         A idade
da persoa traballadora.
4.         A
antigüidade en Correos.
FORMALIZACIÓN DE CONTRATOS DE
SUBSTITUCIÓN
 Os contratos que
se formalicen por mor da concesión das Xubilacións parciais ofertaranse ás
persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- O  relevista debe
ser un traballador/a en situación de desemprego ou que tivese concertado un
contrato con Correos de duración determinada. 
- O  relevista
deberá reunir as condicións  psicofísicas
necesarias para o desempeño do posto de traballo, segundo criterio dos servizos
médicos de Correos. 
CRITERIOS ORZAMENTARIOS
O número e contía de xubilacións parciais que se vaian a
conceder, estarán limitadas aos orzamentos anuais autorizados.
PROCEDEMENTO.
A empresa establecerá, tras a súa aprobación, un
procedemento para a xestión das xubilacións parciais e os contratos de
substitución, onde en todo momento garantirase o cumprimento da normativa
laboral e de Seguridade Social.
EXCEDENCIAS VOLUNTARIAS INCENTIVADAS
Poderán solicitalas os funcionarios/as de tódalas áreas
funcionais, independentemente do posto que ocupen.
Incluirase, como criterio preferente para a súa concesión,
as condicións  psicofísicas da persoa
traballadora para o desempeño do seu posto de traballo.
