25 de set. de 2019

Cursos puntuables: Promoción interna funcionari@s

Correos ofrece un programa de formación subvencionado polo Instituto Nacional das Administracións Públicas ( INAP) composto por diversos cursos sobre as principais funcións, produtos, servizos e iniciativas da compañía.

As  acccions formativas que compoñen o programa son:

•  Portfolio de Produtos
•  SGIE-PDA
• Técnicas de Venda I
• Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
• O cliente e a Cadea de Valor
• Office 365

Ademais, habilitarase o acceso unicamente a unha das seguintes:

• IRIS V6 Atención ao cliente
• IRIS V.6 Xestión (perfil Administrador)
•  SGIE Distribución (perfil Administrador)


O programa está destinado unicamente a persoal funcionario da compañía e, para a asignación de méritos por formación, unicamente valoraranse os cursos do grupo profesional inmediatamente superior ao que pertenzan os participantes, detallados a continuación:

1. Auxiliar (C2) 
  • Portfolio de Produtos
  • SGIE-PDA

2. Executivo (C1)

  • Portfolio de Produtos
  • Técnicas de Venda I
  • IRIS V6 Atención ao cliente*
  • IRIS V.6 Xestión *
  • SGIE Distribución*

* Unicamente asignarase un destes cursos.

3. Corpo de Xestión (A2)

  • Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
  • O cliente e a Cadea de Valor.
  • Office 365

4. Corpo Superior (A1)

  • Innovación, Diversificación e Transformación en Correos
  • O cliente e a Cadea de Valor.
  • Office 365

Os participantes só recibirán as accións formativas do programa que non consten como superadas nos sistemas de información de Correos, tanto se foron impartidas pola empresa como por organismos homologados para impartir formación da mesma.

Cada curso contará cuns criterios de realización e superación independentes que se comunicará aos participantes ao comezo de cada un deles.

A formación está dirixida, exclusivamente, a aqueles empregados que cumpran coas seguintes condicións:

1. Ser empregado funcionario.
2. Permanecer en activo coa empresa ao comezo de cada unha das accións formativas que integran o programa.
3. Realizar a solicitude de participación no programa formativo correctamente.


A solicitude de inscrición, conforme ao horario peninsular, levará a cabo a través do Campus Virtual de Correos ( formacion.correos.es) desde hoxe, 24 de setembro, ata o día 30, ambos os incluídos. A formación desenvolverase durante o mes de outubro.

Unha vez realizada a solicitude de inscrición mostraranse en pantalla os datos de contacto rexistrados no perfil persoal do Campus Virtual do solicitante. Se non fosen correctos, recoméndase actualizalos no apartado ‘O meu perfil’ da plataforma, aceptando, se se desexa, a modalidade de citación por sms.

O día de inicio da formación comunicarase a dispoñibilidade da mesma na dirección de email e, se dispón del no perfil, o teléfono  movil rexistrados.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a solicitude de inscrición e/ou a realización da formación, os alumnos deberán dirixirse a través de email ao Centro de Atención ao Estudante (centro.atencionestudiante@telefonica.com).