Hoxe día 30 de setembro, celebrouse Comisión de
Emprego Central, tratándose a Convocatoria de Ingreso de Persoal Laboral Fixo,
na que se deu saída ao prazo de presentación de solicitudes, xunto co pago de
dereitos.
As persoas interesadas poderán inscribirse
exclusivamente a través da Web de Correos www.correos.com - web corporativa - Acceso Convocatoria - Acceso ao rexistro online
A convocatoria será exposta na Web de Correos, nos
taboleiros das Direccións de Zona e Centro Directivo, así como na Web www.administracion.gob.es
O período de inscrición abarca dende hoxe día 30
de setembro ata o 10 de outubro, ambos os incluídos.
As persoas que se inscriban recibirán unha
comunicación co resumo da súa solicitude a efectos informativos.
Os/as participantes poderán elixir ata un máximo de 4
postos dunha soa provincia segundo indicamos:
- Reparto Motorizado. Tempo completo (urbano e servizos rurais)
- Reparto Pé. Tempo completo (urbano e servizos rurais non motorizados).
- Axente / Clasificación. Tempo completo e parcial.
- Atención ao
Cliente. Tempo completo e
parcial.
A valoración dos méritos efectuarase ao 31 de xullo
de 2019.
Haberá dous exames. Un para reparto
moto/pé/ axente de clasificación e outra proba independente para ATC (Atención
ao cliente).
O importe dos dereitos no proceso selectivo será de
10,15 € para unha soa proba e de 20.30€ para as dúas. O pago deberá facerse
efectivo dentro do prazo previsto para a presentación de solicitudes.
Unha
vez realizada a inscrición non se poden modificar os datos: habería que anular
a inscrición e realizar unha nova.
Para
máis información poñédevos en contacto cos delegados da CIG