Hoxe publicáronse as Bolsas de
Emprego definitivas, correspondentes á convocatoria do 23 de outubro de 2017,
tras finalizar o proceso de tratamento das solicitudes e resolver as
reclamacións presentadas aos datos provisionais. Nelas figuran os candidatos/as
que pasan a formar parte das bolsas, ordenados segundo a puntuación obtida e
pódense atopar en:
· A Intranet Corporativa:
· A web de Correos: www.correos.es
/ Inicio / Información corporativa /Recursos humanos / Emprego / Bolsas de
Empleo
Como
realizar consultas
Os candidatos poderán consultar de
maneira individual a súa situación nas Bolsas de Emprego introducindo o seu
NIF/ NIE/ NIUE. Os estados nos que poderán atoparse os interesados serán
‘admitido’, ‘excluído’ ou ‘non obtén praza’, en función da súa situación final.
Acreditación
de méritos
Os solicitantes que quedasen
admitidos, deberán acreditar os requisitos e méritos valorados para a súa
inscrición nas bolsas presentando a documentación correspondente. Entre os
devanditos requisitos inclúese o certificado médico recolleito no Anexo 2 da
Convocatoria, que deberán presentar actualizado de conformidade coa nova
normativa de protección de datos.
A non posesión dos requisitos e/ou
méritos ou a non achega da documentación (titulación académica oficial,
permisos e licenzas de condución e certificado médico) que xustifique e probe
os mesmos, supoñerá o decaemento do candidato da bolsa de emprego
correspondente.
As unidades de Recursos Humanos
provinciais comunicarán aos candidatos cando e onde deben achegar a citada
documentación. As bolsas de emprego entrarán en vigor a partir do 1 de xuño de
2018 en todo o territorio español.
Para máis información ponte en
contacto coa xente da CIG.