19 de abr. de 2018

Programa Formativo de Correos para o Ingreso como Persoal Laboral Fixo

A Formación está dirixida, exclusivamente, a aqueles empregados que cumpran coas seguintes condicións:

 1. Ser empregado temporal e, por tanto, non ter unha relación laboral de carácter indefinido/fixa ou fixa descontinua coa compañía.
2. Manter unha relación laboral en activo coa empresa, ao comezo de cada unha das accións formativas que integran o programa.
O programa estará integrado polas accións formativas:

- Dixitalización I
- Dixitalización II Avanzado
- Correos ao servizo do cliente
- Técnicas de venda
- Iris v.6 Usuario atención ao cliente
- Paquetería
- Excel básico para Persoal Operativo

Prazo de inscrición dende o 19 de abril, ata o 25 de abril ambos incluídos

Inscrición: a través do Campus Colearning

A formación desenvolverase durante os meses de abril, maio e xuño. As persoas que se rexistren na contorna de Procesos de Colearning deberán encher un
cuestionario de identificación persoal de carácter obrigatorio e imprescindible para a realización e superación dos diferentes cursos.

O incumprimento e/ou falsidade en calquera dos requisitos anteriormente mencionados, supoñerá, en calquera circunstancia, a imposibilidade de superación dos cursos do programa formativo, independentemente da fase do seu desenvolvemento. Os participantes só recibirán as accións formativas do programa que non consten como superadas nos sistemas de información de Correos.

 O comezo de cada acción formativa comunicarase por correo electrónico e sms aos participantes, polo que a dirección de e-mail e o número de teléfono móbil persoais introducidos no cuestionario de solicitude de inscrición deberán ser correctos e estar actualizados.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a solicitude de inscrición e/ou a realización da formación, os alumnos deberán dirixirse a través de email ao Centro de Atención ao Estudante (centro.atencionestudiante@telefonica.com).