7 de ago. de 2017

«Nos últimos dous anos o reparto de paquetería ten aumentado o 100 %»


O amor está prácticamente morto, polo menos no que á correspondencia da carta tradicional refírese. O cartero lalinense Rafael Igrexas asegura que «a carta particular do noivo á noiva e todo iso foi en descenso» en Correos: estima que na última década a correspondencia caeu na zona un 30 %. Con todo, un sector que está collendo forza e aumentando o volume dos repartos é a paquetería, pois se incrementou «nos últimos dous anos o 100 %», non soamente en España, senón que tamén «en Galicia desde logo, e nas áreas rurais moito máis, e tamén con Internet», asegura Igrexas. 


Estes aumentos do correo dentro da zona rural débense no terreo agropecuario principalmente a que «necesitan suministros, recambios, piensos, pagos de produción; e entón iso xenera moito movemento económico e extractos bancarios». Isto supón a revitalización do servizo dentro da contorna rural, que, no caso de Lalín, Rafael comenta que as zonas máis rendibles son aquelas que teñen unha importante densidad de explotacións, xa que «aí hai moitísimo movemento porque son empresas dá súa casa, pois están diversificando hoxe en día a actividade agraria».Doutra banda, unha das peores épocas para o servizo é o verán. Este representante sindical comenta que os motivos son variados e comprenden, por exemplo, as prazas de cartero que non se repoñen nas vacacións, senón que supoñen un incremento na ruta dos repartidores que xa hai, polo que «resulta imposible levalo ao día, por iso a calidade non verán adoita descender, e nótao calquer empresa que recibe correo periódicamente».

Os envíos urxentes, puntualesA pesar diso Igrexas asegura que aquilo que é urxente «chega si ou si» en tempo e forma. E, aínda que o día de maior tráfico de correspondencia é o luns e a mellor época o Nadal, o mundo das postales turísticas aínda non pertence á categoría do extinto, pois «en xullo e sobre todo en agosto si que se xera, segue habendo. Mesmo agora pódense poñer personalizadas con fotografía e imprímense. Hai xente que se move, que vai en ruta e que as envía». Iso si, aclara que aquelas «personais a puño e letra, ou que era a epístola normal, practicamente extinguiuse».

O que si que se disparou» de xeito formidable foi a venda online, e augura que o acordo da empresa pública con Amazon pode chegar a funcionar o próximo outono, algo que «vai incrementar indudablemente as cifras de facturación e distribución dese tipo de produtos, de paquetes».A empresa presta servizos aos peregrinos que realizan o Camiño de InvernoCorreos ha ter un aumento das súas entregas en canto á paquetería refírese. A empresa asegurou que, segundo o informe publicado pola Comisión Nacional do Mercado de Comercio máis do 45 % dos encuestados dixeron recibir a súa última compra por Internet a través da empresa pública. En España existen 18 centros de tratamento automatizado. Para Galicia o de referencia é o da Lavacolla (Santiago de Compostela). Segundo a empresa, a máquina galega de clasificación ten unha capacidade de produción de 2.500 paquetes á hora. As unidades de reparto das zonas de Deza e Tabeirós son A Estrada, Forcarei, Lalín e Silleda.

Ha de terse en conta tamén a peculiaridade propia da comunidade, pois no caso de Galicia, a empresa tamén ha de dar servizo a peregrinos do Camiño de Santiago. Para o caso do Camiño de Inverno, os servizos son o de transporte de mochilas entre etapas, o de servizo de envío de equipaxes, e ata o de bicicleta; o nome destes servizos correspóndense, no mesmo orde, con paq mochila, paq peregrino e paq bicicleta. Pódese atopar máis información no apartado de de a páxina web da empresa, elcaminoconcorreos.com, onde aparecen as tarifas e todo tipo de servizos adicionais. Unha das últimas novidades é Correospaq, terminales que teñen unha función similar á dunha taquilla.

Via La Voz de Galicia