Con data 27 de
xullo de 2017, publicouse no Boletín Oficial do Estado, Resolución do 14 de
xullo de 2017, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que
se convocan becas de estudo para mutualistas, para o curso 2017/2018.
Nesta convocatoria
a finalidade destas axudas consiste en posibilitar a promoción social e
cultural dos mutualistas, mediante achegas económicas con cargo aos créditos
orzamentarios de MUFACE, en forma de becas de estudo para mutualistas,
destinadas a cubrir en parte o custo da matrícula de estudos universitarios.
As becas de estudo
serán incompatibles, no tramo que resulte coincidente, con calquera outra axuda
concedida, con igual finalidade, mesmo suxeito e feito causante, por organismos
públicos ou privados.
As becas de estudo
teñen carácter subsidiario e, por tanto, serán incompatibles coas axudas de
acción social existentes, no seu caso, nos Plans de Acción Social das distintas
administracións públicas para 2017, cando coincidan a finalidade, o suxeito e o
feito causante de ambas as e no tramo de contía en que sexan concorrentes.
Iso implica que
será condición imprescindible para solicitar a axuda de MUFACE pedir
previamente e non obtido a axuda de acción social existente, no seu caso,
dentro dos Plans de Acción Social das distintas Administracións Públicas en
2017, para o curso 2017/2018.
Con todo, se os
Plans de Acción Social dos organismos conteñen limitacións no número de axudas
que poden solicitarse, non se esixirá solicitar a axuda equivalente senón que
deberá acreditarse, neste caso, a non obtención da mesma pola citada
limitación.
As becas solicitaranse nos formularios que facilitarán ao devandito fin os Servizos
Provinciais de MUFACE ou que se obteñan a través da páxina web de MUFACE
(www.muface.es).
As solicitudes
dirixiranse a MUFACE e presentaranse en calquera das súas oficinas de rexistro
ou ben en calquera das oficinas de rexistro contempladas no artigo 16.4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas (en diante, Lei 39/2015, do 1 de outubro).
O prazo de
presentación da solicitude e documentación será, desde que se poida acreditar o
cumprimento do requisito establecido no epígrafe 2.2.C) do presente apartado,
ata o 31 de decembro de 2018, inclusive.