8 de abr. de 2025
7 de abr. de 2025
Persoal Funcionario - Excedencias Incentivadas 2025
O pasado día 3 de abril, con presenza da CIG celebrouse a reunión da Mesa Sectorial para tratar as Excedencias Incentivadas para o persoal Funcionario.
Os Funcionarios/as que queiran acollerse ao programa de Excedencias Incentivadas deberán cumprir os seguintes requisitos e condiciós:
Ø
Poderán solicitalas os funcionarios/as de
tódalas áreas funcionais, independentemente do posto que ocupen e que teñan
cumpridos os 57 anos de idade.
Ø
Incluirase, como criterio preferente para a
súa concesión, as condicións psicofísicas da persoa traballadora para o
desempeño do seu posto de traballo, a idade do traballador/a e a antigüidade en
Correos.
Ø
A data de efectos da excedencia debe fixarse
no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro do 2025.
Ø
Ás persoas funcionarias de máis de 60 anos ás
que lle concedan deberán presentar a solicitude de xubilación o día seguinte á
data de concesión da excedencia.
Ø Correos abonará as cotas de Muface, con todos os dereitos inherentes a esta situación. Correos NON paga as cotas de Clases Pasivas por tanto se queres xubilarte co 100% debes ter cumpridos os 35 anos de servizo.
Ø O número de mensualidades a percibir serán publicadas no Anexo da convocatoria. As mensualidades recollerán os seguintes conceptos: soldo, prorrateo paga extras, trienios, complemento especifico, complemento de destino e como novidade tamén o CPA
O abono da indemnización farase da seguinte maneira:
Ø Se o funcionario/a ten 59 anos ou máis a indemnización abonarase nun só prazo.
Se o funcionario/a ten 58 anos ou máis, a indemnización abonarase en dous pagos iguais, percibindo o primeiro pago na nómina do mes de concesión e o segundo pasado 13 meses
Ø
Se o funcionario/a ten 57anos ou máis se
abonarase en tres pagos, o primeiro coa nómina do mes de concesión, o segundo
aos 13 meses da súa concesión e o terceiro aos 26 meses da súa concesión.
Dende
o 7 de abril o 24 de abril de 2025 ambos incluídos
A tramitación será on-line a través da Intranet corporativa no apartado Convocatorias do Canal de Persoas.
Na Mesa a CIG fixo as seguintes propostas para mellorar:
Rebaixar a idade de
57 a 55 anos para acollerse ao programa de Excedencias Incentivadas. (Non
atendida)
Que se incremente
substancialmente a dotación orzamentaria pasando dos 3 millóns previstos a 8
millóns de euros coa finalidade que se poidan acoller un número significativo
de funcionarios/as. Lembremos que na anterior convocatoria só puideron
acollerse os que cumpriron 60 anos antes do día 13 de novembro. (Atendida
parcialmente) 6.329.456 € orzamento final.
CLASES PASIVAS: Que Correos
cotice a clases pasivas coas mesmas condicións coas que realiza o abono das
cotas de MUFACE. (Non atendida)
INDEMNIZACIÓN: Solicitamos que se
incrementen as mensualidades nos tramos de idade. Así como que se inclúan nas
mensualidades os conceptos do Complemento de Produción e Asistencia (CPA) e o
Complemento Especifico II (Tramos)
(Atendida Parcialmente) Incrementan o CPA
18 de mar. de 2025
PRORROGA “IN EXTREMIS” DO ACORDO DA VERGONZA ASINADO POR CCOO, UGT e CSIF
4 de feb. de 2025
RESOLUCIÓN DA 5ª ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS
27 de xan. de 2025
A CIG NON ASINA O ACORDO MARCO NA MESA SECTORIAL
- Cero contratación.
- Máis retribucións en variables e non fixas.
- Desregulación de quendas.
- Mobilidade funcional, etc.
- COMPROMISO DE QUE OS GASTOS DE PERSOAL NON SUPEREN O 70% DOS INGRESOS. Isto quere dicir que como mínimo debe reducirse o cadro de persoal de Correos en 8 mil traballadores/as.
- UN PLAN DE SAÍDAS DE TRABALLADORAS/ES "LOWCOST" FEITA Á MEDIDA DA EMPRESA.
- 35 HORAS SEMANAIS. SI, PERO vinculadas a que se cumpra a implantación do Plan de Medidas propostas pola empresa.
- CREACIÓN DUN "CUARTO TURNO", de martes a sábado tarde. Non especifica cal será o sistema de selección dos traballadores/as nas unidades afectadas que pasarán a prestar servizo nesa quenda nin a remuneración.
- PECHE DOS CENTROS NODALES (CEX) de traballo, o documento di que se tomarán todas as medidas necesarias para reubicar ao persoal afectado, pero deixan a posibilidade de despedimentos.
- ACTUALIZACIÓN DA REGULACIÓN DE PERMISOS, LICENZAS E EXCEDENCIAS. Pretender vendernos como un logro de negociación un dereito que xa esta regulado por Lei.
- ELABORACIÓN DUN CALENDARIO ESTACIONAL. Desregulación de horarios a discreción do que determine a empresa. A variabilidade do horario non será superior ao 10% do cómputo da xornada anual (171 horas ou 5 semanas). As xornadas non poderán ser inferiores a 5 horas nin superiores a 9 horas.
- DESFRUTE DE VACACIÓNS FÓRA DO PERÍODO DE VERÁN. Se queres cobrar máis.
- MOBILIDADE FUNCIONAL E XEOGRÁFICA. A empresa poderanos mover de posto (funcional) e tamén xeográficamente (de centro de traballo).
- Cambio de Ministerio para o Persoal Laboral.
- Despenalización das Baixas para o Persoal Laboral
- Exame de Ingreso
- Bolsas de Emprego
- Cursos de Formación
20 de xan. de 2025
NOVO RECORTE NA XUBILACIÓN PARCIAL, NOVO RETROCESO NOS DEREITOS DA CLASE TRABALLADORA
O pasado 19 de decembro o Goberno español, xunto coa Patronal, CCOO e UGT, asinaron un novo Acordo de Pensións despois dun proceso de negociación escurantista e ilegal, no chamado diálogo social, fóra dos organismos ofi ciais de representación institucional tripartita, sen respectar os dereitos de representación que temos as centrais sindicais máis representativas e maioritarias, como a CIG.
- Recuperación do dereito á xubilación parcial aos 61 anos para todas as persoas traballadoras e sectores.
- Xubilación aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter 35 anos cotizados, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
- Recoñecemento por lei e mellora dos procedementos para acceder aos coeficientes redutores para anticipar a xubilación sen recortes e con todos os dereitos.
13 de xan. de 2025
21 de nov. de 2024
Novo Convenio á Baixa coa Axuda de CCOO e UGT
Todo isto se está a preparar en reunións entre o Director de RRHH de Correos (ex de Navantia) e CCOO ás costas do resto de sindicatos.
TRANSFORMACIÓN: O Director de RRHH, home enviado pola SEPI para axustar as contas en Correos, busca asinar un novo Marco Laboral onde pretende un rexuvenecemento do cadro de persoal Low Cost aproveitándose que hai moitos compañeiros desexosos de marchar debido á precariedade laboral que estamos a vivir pola falta de contratación, desorganización, incerteza sobre futuro etc. Tamén busca unha des-regulación de funcións; queren traballador@s polivalentes, ou mellor dito CHICO PARA TODO, diminuír permisos, dereitos etc. Tal como fixera no seu día en NAVANTIA cun Convenio totalmente á baixa.
FLEXIBILIDADE
RETRIBUÍDA: Moito coidado con esta figura defendida
por CCOO nas Mesas de Negociación co beneplácito da empresa.
A Flexibilidade Retribuída é a venda dos teus dereitos a
cambio de esmolas. Unha vez máis a empresa coa axuda inestimable do sindicato
amarelo pretende vincular máis parte do noso salario fixo a retribucións
variables. A Flexibilidade pode comprender varios conceptos como cambios de
horarios, de xornadas, de Centros, obxectivos de vendas etc.
A CIG ESIXE como obxectivos irrenunciables de cara á negociación dun Novo Convenio e Acordo entre outros puntos:
-
Suba salarial con recuperación do IPC perdido (máis dun 20%)
-
Cláusula de revisión Salarial para non seguir perdendo cartos.
-
Incorporación do Persoal Laboral ao Convenio Único da AGE.
-
Implantación Xeral das 35 horas semanais.
-
Eliminación dos descontos abusivos en situación de IT
-
Concurso de Traslados con cobertura de todos os postos vacantes.
- Conversión de todas as prazas de tempo parcial e fixos descontinuos a tempo completo.
14 de nov. de 2024
CIG-Correos denuncia atrasos no reparto da correspondencia en diversas zonas de Carballo por falta de persoal
O sector de Correos da CIG esixe, ante a situación que se está a vivir no Concello de Carballo, que se contrate con persoal eventual toda as zonas que están nestes momentos sen cubrir para poder garantir así o reparto diario da correspondencia e aliviar a excesiva carga de traballo que están asumindo os traballadores e traballadoras desta unidade.
5 de nov. de 2024
Curso Formación Correos: "Tecnoloxía e Traballo Seguro en Red"
Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo
de inscrición: até o 14 DE NOVEMBRO
Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a
inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao
centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com