Todo isto se está a preparar en reunións entre o Director de RRHH de Correos (ex de Navantia) e CCOO ás costas do resto de sindicatos.
TRANSFORMACIÓN: O Director de RRHH, home enviado pola SEPI para axustar as contas en Correos, busca asinar un novo Marco Laboral onde pretende un rexuvenecemento do cadro de persoal Low Cost aproveitándose que hai moitos compañeiros desexosos de marchar debido á precariedade laboral que estamos a vivir pola falta de contratación, desorganización, incerteza sobre futuro etc. Tamén busca unha des-regulación de funcións; queren traballador@s polivalentes, ou mellor dito CHICO PARA TODO, diminuír permisos, dereitos etc. Tal como fixera no seu día en NAVANTIA cun Convenio totalmente á baixa.
FLEXIBILIDADE
RETRIBUÍDA: Moito coidado con esta figura defendida
por CCOO nas Mesas de Negociación co beneplácito da empresa.
A Flexibilidade Retribuída é a venda dos teus dereitos a
cambio de esmolas. Unha vez máis a empresa coa axuda inestimable do sindicato
amarelo pretende vincular máis parte do noso salario fixo a retribucións
variables. A Flexibilidade pode comprender varios conceptos como cambios de
horarios, de xornadas, de Centros, obxectivos de vendas etc.
A CIG ESIXE como obxectivos irrenunciables de cara á negociación dun Novo Convenio e Acordo entre outros puntos:
-
Suba salarial con recuperación do IPC perdido (máis dun 20%)
-
Cláusula de revisión Salarial para non seguir perdendo cartos.
-
Incorporación do Persoal Laboral ao Convenio Único da AGE.
-
Implantación Xeral das 35 horas semanais.
-
Eliminación dos descontos abusivos en situación de IT
-
Concurso de Traslados con cobertura de todos os postos vacantes.
- Conversión de todas as prazas de tempo parcial e fixos descontinuos a tempo completo.