O día 14 de xaneiro convocouse a Mesa Sectorial co único fin de asinar o Acordo Marco.
A CIG, como resultado da decisión unánime dos seus delegados e delegadas, NON ASINOU este acordo por ser moi prexudicial para os intereses das/os traballadores/as de Correos e non conten ningunha mellora nas condicións laborais nin retributivas.
Este Acordo asinado finalmente por CCOO, UGT, CSIF e SL sometese completamente aos desexos da empresa de ter CHICO PARA TODO,
- Cero contratación.
- Máis retribucións en variables e non fixas.
- Desregulación de quendas.
- Mobilidade funcional, etc.
Estes son algunhas das medidas que conten este Acordo polo que a CIG NON o asinou:
- COMPROMISO DE QUE OS GASTOS DE PERSOAL NON SUPEREN O 70% DOS INGRESOS. Isto quere dicir que como mínimo debe reducirse o cadro de persoal de Correos en 8 mil traballadores/as.
- UN PLAN DE SAÍDAS DE TRABALLADORAS/ES "LOWCOST" FEITA Á MEDIDA DA EMPRESA.
- 35 HORAS SEMANAIS. SI, PERO vinculadas a que se cumpra a implantación do Plan de Medidas propostas pola empresa.
- CREACIÓN DUN "CUARTO TURNO", de martes a sábado tarde. Non especifica cal será o sistema de selección dos traballadores/as nas unidades afectadas que pasarán a prestar servizo nesa quenda nin a remuneración.
- PECHE DOS CENTROS NODALES (CEX) de traballo, o documento di que se tomarán todas as medidas necesarias para reubicar ao persoal afectado, pero deixan a posibilidade de despedimentos.
- ACTUALIZACIÓN DA REGULACIÓN DE PERMISOS, LICENZAS E EXCEDENCIAS. Pretender vendernos como un logro de negociación un dereito que xa esta regulado por Lei.
- ELABORACIÓN DUN CALENDARIO ESTACIONAL. Desregulación de horarios a discreción do que determine a empresa. A variabilidade do horario non será superior ao 10% do cómputo da xornada anual (171 horas ou 5 semanas). As xornadas non poderán ser inferiores a 5 horas nin superiores a 9 horas.
- DESFRUTE DE VACACIÓNS FÓRA DO PERÍODO DE VERÁN. Se queres cobrar máis.
- MOBILIDADE FUNCIONAL E XEOGRÁFICA. A empresa poderanos mover de posto (funcional) e tamén xeográficamente (de centro de traballo).
OLVIDADOS QUEDARON PUNTOS QUE DICIAN SER IMPORTANTES PARA OS SINDICATOS ASINANTES COMO:
- Cambio de Ministerio para o Persoal Laboral.
- Despenalización das Baixas para o Persoal Laboral
En cambio si que están:
- Exame de Ingreso
- Bolsas de Emprego
- Cursos de Formación
OLLO!!
✅Este Acordo non se aplica aos conselleiros ou membros dos órganos da administaración nin ao persoal de alta dirección (40% se subiron de soldo en comparación co 2% das bases).
✅NON é aplicable ao persoal das filiais de Correos: Correos Express e Correos Telecom.