Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio da formación e que non realizara e superara con anterioridade esta formación, nin coa empresa nin mediante organismos homologados para impartir formación da compañía.
Prazo
de inscrición: até o 14 DE NOVEMBRO
Como inscribirte dende internet: unha vez que accedes á páxina de formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".
O curso realizarase on-line dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por e-mail e SMS o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por SMS.
Expediente Formativo
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa. Ademais terás a posibilidade de descargar o diploma dende a plataforma de formación.
No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a
inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao
centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.com