1 de abr. de 2020

Ordeno e Mando


Correos facendo unha interpretación do RD 10/2020 favorable aos seus intereses comerciais, vai incrementar os servizos a prestar a maiores do Servizo Postal Universal.

O que sexamos o segundo sector público con máis casos de contaxios (731 contaxiados e 2.022 en corentena) despois do sanitario non fixo recapacitar á Dirección de Correos na súa idea de ampliar o negocio.

Os tres servizos que prestaremos a  maiores do S.P.U. son os seguintes:

1º Distribución de Prensa (a partir do luns)
2º Distribución produtos sanitarios e medicamentos.
3º Distribución de produtos alimentarios excepto os refrixerados.

Correos deixa aberta a posibilidade de seguir incrementando produtos para o reparto.

Desde CIG insistimos en que o máis importante nestes momentos é:

-        A saúde dos traballadores e deter a sangría de contaxios.

-        Que, tanto en Distribución, Loxística e Rede de Oficinas se organicen 4 quendas rotativas e facelo co persoal mínimo imprescindible, é dicir co 25% do persoal, coa finalidade de que un traballador acuda ao seu posto 1 de cada 4 días e así minimizar a súa exposición ao virus.

-        Redución de horarios de traballo tanto en Loxística como en Distribución.

-        Entregar a todos os traballadores/as luvas, xeles  hidroalcoholicos         individuais e máscaras.

https://cigcorreosgaliza.blogspot.com/
 
-        Se terminen de colocar os biombos de  metacrilato nos postos de atención ao público solicitados pola CIG.