21 de xan. de 2021

Reunión Mesa Sectorial - Plan Estratexico

 

Correos presenta un Plan catastrofista con perdas millonarias

Dende a última reunión fai xa máis dun ano non vimos avances significativos na elaboración, desenvolvemento e cifras deste plan estratéxico.

Somos conscientes que dende marzo de 2020 estamos a vivir unha situación moi complicada pola pandemia pero isto non é desculpa suficiente para non ver ningún avance, máximo cando nos presentan un documento de perdas millonarias.

Analizando o pouco que nos di este documento Parécennos ambiguos os datos que se achegan no mesmo. Tanto falan de perdas (634 millón de euros para o ano 2023), como de crecemento.  Por exemplo falan dun crecemento en volume de envíos dun 385%  e con todo non se nos di a cifra de ingresos. Queremos saber  canto vai significar  monetariamente este incremento? Porque esconden esta cantidade?

Non compartimos a visión de Correos sobre que a  paquetería vaia a sufrir unha desaceleración. Non sabemos se neste documento tívose en conta a pandemia pero de todos é sabido que hai un incremento importante nas compras e comercio en liña. Como exemplo temos a ZARA que está a pechar tendas físicas para centrarse no comercio en liña.

No documento falan da función  vertebradora do territorio nacional que debe desempeñar Correos.

Dende CIG dixémoslles na reunión que coa política de recargas que temos deixamos hai tempo de desempeñar esa función. Todos os días quedan barrios e aldeas sen repartir. Para vertebrar o territorio nacional debemos cumprir coa repartición de luns a venres do  SPU.

O resto do documento podémolo clasificar como unha declaración de intencións na que nos falan de negocios de alto valor, de  rediseños de negocios loxísticos e da distribución,  sen especificar nin definir cales son estes.

Dende CIG entendemos que para acometer un plan estratéxico real debe antes definirse claramente que é o que queremos.

Non podemos falar por exemplo de potenciar a  paquetería e ter unha empresa competidora en casa como Correos  express. Debemos reformularnos a función das Entidades Consolidadoras que ofrecen os nosos produtos a prezos máis baixos que as nosas tarifas. 

E por último pero non menos importante está o capital humano. Para emprender  un Plan Estratéxico  con garantías tense que contar cun persoal que este comprometido coa empresa e para iso téñense que dar solución a unha serie de problemas  que permanecen no tempo sen solución como  é:

1. O nivel do persoal Funcionario. Os funcionarios de Correos somos os funcionarios co menor nivel de toda a  ADM.

2. Os Fondos Adicionais pendentes de 2019 e 2020 que equivalen a un 0,55% (0.25 +0.30) Nós propoñemos que  se utilicen para a subida de niveis do persoal funcionario e unha subida proporcional e igual ao persoal laboral no complemento de posto tipo.

3. O Problema dos sábados segue sen resolver e temos ao persoal de USE, Pavillóns e CTA  totalmente indignado. Se senten discriminados con toda a razón do mundo.

4. Necesitamos unha regulación urxente do Teletraballo. Non é  normal que nos decatemos a través dos medios de comunicación de que imos deixar o edificio de vía Dublín e que 1.300 traballadores/as van ser recolocados na nosa sede de Conde  Peñalver. Na que cremos que non ten capacidade nin para albergar á metade destes traballadores.

5. Non volvemos a saber nada  das xubilacións parciais e das excedencias incentivadas.

6. O preidente confirmou na reunión que xa fixera as xestions para vacinar ao persal de Correos", como lle viña demandando a CIG.