Hoxe publícanse os méritos provisionais das persoas que participaron na
convocatoria de Ampliación do Concurso de traslados, convocado por Correos para
facilitar a conciliación familiar e a promoción horizontal dos empregados e
empregadas.
As persoas poden consultar, de maneira individual, a valoración das
peticións solicitadas, localidades e postos de traballo no destacado da páxina
de inicio dedicado á convocatoria do Concurso de traslados en: Consulta Méritos
Quen observe algún erro na valoración provisional de méritos, dispoñen ata
o 20 de xaneiro, para presentar as alegacións que estimen convenientes, a
través do procedemento en liña previsto dentro da consulta, acompañando os
arquivos e documentos correspondentes que as xustifiquen.