PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN COVID-19
publicado por Correos o 16 de marzo de 2020.
Indicacións de actuación nos casos positivos e asimilados de COVID-19
DURANTE O ESTADO DE ALARMA
CRITERIOS SOBRE POSIBLES CASOS DE COVID-19
a). Actuación ante a detección de casos probables ou diagnosticados de
COVID-19:
Contémplanse os seguintes
escenarios:
1.
Calquera
traballador que teña síntomas de infección respiratoria aguda (tos, temperatura
alta, dificultade respiratoria) deberá de informar a Autoridade Sanitaria e ó
seu xefe inmediato agás de permanecer en illamento domiciliario 14 días.
No centro de traballo procederase a facer un estudio de contactos estreitos (menos de un metro)
do mesmo, poñendo tamén a estes en illamento domiciliario de 14 días.
2.
Calquera
traballador que tivera contacto estreito con un caso probable ou diagnosticado
de coronavirus deberá permanecer en corentena 14 días.
Definición do Ministerio de Sanidade sobre “contacto estreito”:
Calquera persoa que estivera no
mesmo lugar que un caso probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas,
a una distancia de menos de 1 metro.
Considérase contacto estreito nun
avión, ós pasaxeiros situados nun radio de dous asentos arredor de un caso
probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas e á tripulación que
tivera contacto con ditos casos.
Calquera persoa que proporcionara
coidados a un caso probable ou confirmado mentres o caso presentaba síntomas: familiares
ou persoas que teñan outro tipo de contacto físico similar.
b). Factores de risco:
Considerase como persoal
especialmente sensible ou de risco fronte a unha posible infección por
coronavirus ás persoas que padezan algunha das seguintes patoloxías:
-
Inmunodepresión
(incluído VIH).
-
Diabetes.
-
Enfermidade
cardiovascular crónica (incluída hipertensión).
-
Enfermidade
hepática crónica.
-
Enfermidade
pulmonar crónica.
-
Enfermidade
renal crónica.
-
Enfermidade
neuromuscular crónica.
-
Enfermidade auto
inmune e tratados con corticoides, inmunodepresores ou produtos biolóxicos.
-
Cancro en
tratamento quimioterápico ou con implantes cocleares.
-
Pacientes sen
bazo.
-
Embarazo.
Para estas
persoas, actuarase conforme ó disposto na nota emitida pola Dirección de
Persoal do 10 de marzo, sobre criterios Xerais de Xestión de Persoas ante a
situación Excepcional xerada con motivo do COVID -19.
XESTIÓN ANTE A APARICIÓN DE UN CASO.
1 O empregado
informa ó seu responsable por teléfono do positivo ou asimilado en COVID-19. O
empregado presentará o parte de baixa ó seu responsable si fose posible.
2 O responsable
contactará inmediatamente co Xefe de Área e Xefe de RRHH da súa Zona para
informar do positivo o asimilado do empregado.
3 Os anteriores
informarán á dirección de Zona, a subdirección de Promoción da Saúde e á
Subdirección de Operacións afectada.
4 Activarase de
xeito inmediato o PROTOCOLO, cas seguintes actuacións:
1.
Xefe de Área e o Xefe de RRHH de Zona identificarán
ós empregados que estiveran en contacto estreito co traballador que deu
positivo ou asimilado.
2.
Con esta información, SSMM da provincia validará as
necesidades de corentena, no seu caso, conforme ós criterios establecidos no
protocolo.
3.
Xefe de Área e o Xefe de RRHH de Zona adoptarán a
medida de desaloxo do centro ou espazo de traballo que proceda (individual ,parcial
ou total).
4.
Xefe de Área e/ou o Xefe de RRHH de Zona informará ó
Xefe de Finanzas de Zona da necesidade de activar o protocolo de limpeza
específica do centro de traballo ou espazo afectado.
5.
Xefe de Área de Zona informara ó Xefe de Finanzas de
Zona da necesidade de activar o protocolo de limpeza específica do centro de
traballo ou espazo afectado.
6.
Xefe de Finanzas ordenará a limpeza no centro de
traballo, utilizando o documento “solicitude de activación protocolo de limpeza
específica”.
7.
En caso de peche total ou parcial do centro, a Subdirección
de Operacións e/ou o Xefe de Área porá en marcha as medidas operativas que
procedan.
8.
Xefe de Finanzas informará ó Xefe de Área e Xefe de
RRHH de Zona da finalización dos traballos de limpeza.
9.
Xefe de Área e7ou o Xefe de RRHH de Zona autorizarán
e comunicarán a apertura do centro ou espazo de traballo.
COORDINACIÓN CON SEDE CENTRAL.
Con periodicidade
diaria, cada Xefatura de RRHH de Zona enviará á Subdirección de Promoción da Saúde
un ficheiro Excel, recollendo os seguintes datos:
· Data.
· Nome do traballador positivo ou asimilado.
· Posibles contactos estreitos postos en corentena.
· Limpeza específica.
· Data incorporación do posible positivo ou asimilado (cando se coñeza).
· Data incorporación posibles casos estreitos postos en corentena con resultado asintomáticos.
O ficheiro diario
conterá a información acumulada, non só a información do día, a efectos de
poder coñecer non só as novas situación producidas senón a evolución dos
posibles casos e corentenas de datas anteriores.
XESTIÓN DE CASOS EN SEDE CENTRAL
En Sede Central,
o Xefe da Área correspondente informará directamente ó Servizo de Saúde Laboral
da Subdirección de Promoción da Saúde da situación confirmada ou asimilada,
indicando tamén as posibles persoas que tiveran contacto estreito co
traballador afectado.
Saúde Laboral
coordinará as actuacións validando as posibles corentenas que puideran
precisarse, así como informando a Servizos Xerais da necesidade de proceder á
limpeza específica urxente.