Empezan os recortes da Empresa na UR-1 de Vigo (Praza
de Compostela). Na actualidade con unha Plantilla composta de 52 Traballadores
de Reparto a Pe, un Traballador de
Reparto en Moto, un Ruteiro e un Trafico Interior. Na Reunión mantida cos
responsables provinciais, Xefe de Explotación e Xefe de Distribución, ase como
por parte de Zona co Xefe de Relacións Laborais e o Xefe do Equipo de
Dimensionamento, se nos comunica ós representantes de persoal:
Eliminación
de 13 carteiros (dos actuais 52) no Centro de VIGO o que é totalmente INASUMIBEL, segundo a seguinte
distribución
-DISTRITO Nº1 de Vigo de ter 14 Seccións de Reparto se pasa a 11.
Rúas afectadas: Garcia Barbon, Areal,
Rosalía de Castro, República Arxentina, Uruguai, Julia Minguillon etc…
-DISTRITO Nº 2 de
Vigo de ter 13 Seccións de Reparto se pasa a 10..
Rúas afectadas: Canovas del Castillo,
estación Marítima, Centro C. a Laxe, Porto Pesqueiro, Beiramar, Marqués de
Valterra, Jacinto Benavente, Torrecedeira, etc…
-DISTRITO Nº 3
de Vigo de ter 13 Seccións de Reparto se pasa a 9.
Rúas afectadas:Hispanidad, Cronista X. María Alvarez
Blazquez, Zamora, Caracas, Barcelona, Nicaragua, Manuel Olivié, etc…
-DISTRITO Nº 4
de Vigo de ter 12 Seccións de Reparto se pasa a 10.
Rúas afectadas: Gran Vía, Riobo, Filipinas, San Roque,
Mantelas, Camiño Lourido, Finca de Aires, Emilia Parto Bazán, Salgueira, Freixo. Etc.
Estes recortes están a supor un 25% da Plantilla de
esta Unidade (Centro de VIGO) onde se atopa o sector Financeiro da maior cidade
de Galiza, ase como despachos de Avogados, Notarios, Banca, Sector Naval e
Pesqueiro ase como o comercio de Alimentación e ademais o Pequeno e Gran
Comercio da zona. A data posta por parte da Empresa para por todo isto a funcionar
é a partires do dia 1 de Xuño .
A CIG posicionase totalmente en contra destes RECORTES que implican unhas cargas de
traballo inasumibles asé como un deterioro total e absoluto na calidade do
Servizo. Isto suporá na practica o incumprimento por parte de Correos do Artigo
24 da actual Lei Postal que di textualmente: “as entregas practicaranse,
alomenos, tódolos días laborables de luns a venres, salvo no caso de concorrer circunstancias ou condicións xeográficas
especiais”. Que non é o caso.