Publicación e consulta.- As persoas rexistradas no proceso de selección poderán
consultar o estado da súa inscrición na páxina web de Correos Consulta Admitidos/Excluidos A información conterá, os datos persoais, a provincia e o
posto ou os postos de traballo solicitados, e o seu estado dentro do proceso de
ingreso e; no seu caso, o motivo ou os motivos de exclusión.
Lugares, data e horarios de celebración das probas
de exame.- As persoas
admitidas no proceso de selección quedan convocadas, en chamamento único, para
realizar as probas de exame nas que estean inscritas o domingo día 19 de
xaneiro de 2020, de acordo co seguinte calendario de organización.
HORARIO PROBA REPARTO/AXENTE CLASIFICACIÓN
09.00 h. Chamamento persoas
admitidas
09.20 h. Peche accesos a Facultades
e Recintos.
10.00 h. Inicio proba
11.30 h. Fin proba
HORARIO PROBA ATENCIÓN AO CLIENTE
13.30 h. Chamamento persoas
admitidas
13.50 h. Peche accesos a Facultades
e Recintos.
14.30 h. Inicio proba
16.00 h. Fin proba
NOTA: os horarios previstos son peninsulares (unha hora menos nas Illas Canarias).
O chamamento aos candidatos comezará unha hora antes do comezo da proba.
Rógase puntualidade ás persoas rexistradas, que non poderán acceder ás
instalacións fóra das horas previstas con anterioridade.
As persoas admitidas poderán consultar ademais, de maneira individual, o
tipo de proba ou probas a realizar, a aula e centro asignados na páxina web de
Correos e Telégrafos Consulta
Á proba acudirán provistos de
bolígrafo azul ou negro e de documento nacional de identidade que acredite a
súa personalidade.
Ademais durante a realización da proba, non poderán estar activos nin á
vista aqueles dispositivos tecnolóxicos (teléfonos móbiles, reloxos e/ou
pulseiras de actividade, pinganillos, e
similares) que permitan transmitir ou recibir información mediante imaxe,
texto, voz ou son.
Ao final da nota relaciónanse as localidades, centros de exame e direccións
previstos.
Adaptacións previstas.- As persoas con grao de discapacidade, que teñan
algún tipo de dificultade para realizar en condicións normais a proba, poderán
indicar a porcentaxe de minusvalía que teñan acreditado ou dificultade que
presentan, e solicitar, as posibles adaptacións de tempo e medios para a
realización da proba de exame. Para manifestar, en caso de ser necesarias, as adaptacións
requiridas, os candidatos dispoñen de prazo ata o día 12 de xaneiro, e poden
facelo chegar á dirección de correo electrónico
provision.rrhh@correos.com.
Enlace web Correos Consolidación de Emprego: https://www.correos.com/personas-y-talento/