Estás son as instrucións para as oposicións a Correos do 19 de xaneiro.
1 / Trátase de dúas probas que duran 90 minutos cada unha, unha para
reparto/clasificación e outra para atención ao cliente. O chamamento da primeira proba será ás 09:00, ás
9:20 pecharanse as portas das facultades e locais onde se realicen os exames e o
exame comezará ás 10:00.
2 / No caso da proba de atención ao cliente ( ATC), o exame comezará ás
14:30, o chamamento será ás 13,30 e as portas das facultades pecharanse ás
13:50.
3 / Haberá dous modelos de exame (A e
B) diferenciados por cores para cada proba cunha folla de resposta
universal.
4 / Unha vez dese comezo cada unha das probas non poderás abandonar a aula
ata que transcorresen 45 minutos desde o comezo e tampouco cando falten 10
minutos ou menos para finalizar
5 / Os opositores deben ir acompañados por DNI, bolígrafo e non se poden
levar móbil nin reloxos dixitais.
6 / Correos comunicou que entre os días 8 e 9 de xaneiro publicarase a lista
definitiva de admitidos así como os lugares de exame en cada provincia.