11 de nov. de 2019

Concurso de Traslados Públicados os Méritos Provisonais


Na reunión celebrada hoxe día 11 de novembro, relativa ao Concurso Permanente de Traslados, informóusenos de que, na data de hoxe, Correos fai pública a valoración inicial das peticións por provincia, localidade e posto de traballo.


Esta valoración non inclúe os dous puntos do mérito de adaptación funcional no desempeño do posto de traballo, referidos á saúde do persoal.

Os/ as peticionarios/ as poden consultar a información dos seus méritos provisionais, de maneira individual, introducindo o seu DNI e o contrasinal coa que realizaron a petición (se algún/a empregado/a non lembra o contrasinal poderaa recuperar) en  https://conecta.correos.es no destacado do Concurso Permanente de Traslados.

Aqueles/ as traballadores/ as que detecten algún erro na súa valoración poderán efectuar reclamacións:

Do día 11 ao o 17 de novembro

Acompañando arquivos e documentos que xustifiquen as súas alegacións.

Para máis información, poñemos á vosa disposición os locais e medios da CIG.