25 de out. de 2019

Compensación Eleccións Xerais do 10 de Novembro 2019



­  CAMPAÑA ELECTORAL:

Þ        Comprende dende os días 25 de outubro ó 8 de novembro de 2019, ambos incluídos.

­  RETRIBUCIÓNS:

0,063693 €      Þ        Envíos con dirección e Tarxetas do I.N.E.  
            0,026225 €      Þ        Envíos sen dirección.
Percibirase sempre que se garantan a distribución da totalidade dos restantes envíos non electorais.

­  Gratificación polo proceso Electoral: Persoal USES, Loxística e Internacional.

Compensación: 117,78 €  por toda a “Campaña” e cobrarao o persoal que en exclusiva este afectado polo proceso electoral nas Unidades de Distribución Urxente, Centros de Tratamento e Unidade Internacional será aquel que realice tarefas de carga e descarga, admisión masiva, control e rexistro de certificados (UPR), Reparto Urxente, Rutas, Siatas, e alcances e responsables indispensables das Unidades afectadas que por traballar correspondencia electoral, sempre que se supere o porcentaxe de máis do 15% de aumento do traballo en cada unha das unidades afectadas, durante o período comprendido entre os días 21 de outubro ó 6 de novembro.  

Dirección de Oficinas:
Þ    Os empregados de Oficinas e as xefaturas intermedias destas Unidades percibirán unha gratificación de 117,78 € polo conxunto da campaña electoral, sempre e cando o tratamento dos envíos supoña un incremento dos estándares ordinarios e específicos de actividade da unidade.

Sistema de descontos: (Entre os días 25/10 e  08/11).
Þ        Por día que se falte 12,33 € menos. Por faltar 4 ou máis pérdese todo.
Þ        Durante a campaña de eleccións concederanse permisos só por circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas.

­  VOTO POR CORREO E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE (10 de novembro)

Þ        Preferentemente fará este servizo o persoal afectado pola "Campaña"
Þ        Compensación: Horas Adicionais Extras.
Þ        O quilometraxe ós Rurais abonaráselles segundo a normativa vixente
Ø  PROCURARAN PAGAR A CAMPAÑA COA NÓMINA DE NOVEMBRO.

­  SERVIZO A PRESTAR O DOMINGO 3 DE NOVEMBRO (só xestión voto por correo)

Þ            As oficinas abrirán en horario de 9:30 a 14:30 horas e as Satélites, auxiliares e rurais abrirán no seu horario habitual. Igualmente abrirán no seu horario habitual tódalas oficinas onde sexa festivo local dende o día 28 de outubro.
Þ            O persoal será o necesario para a xestión do voto por Correo. O servizo se prestará preferentemente con persoal voluntario.
Þ            A prestación do servicio ese día será retribuída con 81,47€ máis un día de librado.


­  NORMAS COMPLEMENTARIAS DE CARÁCTER XERAL

Þ     No caso de que sexa necesario realizar repartos, apertura de oficinas ou tarefas complementarias, estes traballos retribuiranse con horas adicionais extras.