A C.I.G denunciou ante a Dirección da
Empresa que nestes momentos a situacións das carterias en Galiza é caótica,
cunha acumulación de paquetería, envíos rexistrados, envíos ordinarios, e
propaganda electoral que aínda hoxe esta chegando e está desbordando ás Unidades
de Reparto.
Mención aparte merece a documentación
electoral (Voto por Correo) que desbordou as U.R. que sumadas as notificacións,
certificados e paquetería rexistrada fan imposible que se garantise o reparto
ao día destes envíos.
Esta situación insostible está provocando
unhas situacións de estrés laboral nos traballadores dándose verdadeiros cadros
de ansiedade. Non se pode estar apelando
constantemente á gran profesionalidade dos traballadores sen darlles as
ferramentas necesarias para poder afrontar o traballo.
Tamén denunciamos a desorganización e a
discriminación que se fixo ofertando un reparto extra o pasado día 17 de maio nalgunhas
localidades a cambio do módulo de 79.48€ e compensación dun día de librado,
noutras pagáronse horas extras e festivas e sinxelamente noutras non se deu
nada e dicir nin reparto nin horas a pesares de que tamén era necesario.
A C.I.G. SOLICITOU debido á situación de
extrema gravidade polas datas nas que estamos un reparto extraordinario sen
ningún tipo de desconto dunha ou dúas tardes dependendo do volume de correo
electoral pendente. E así mesmo o abono
da gratificación 114.90 € polo reparto de documentación electoral (Voto por correo)
a todo o persoal das U.R . de reparto ordinarias e persoal rural que traballara
esta documentación tal e como xa solicitaramos nas alegacións presentadas pola
C.I.G. á Circular de eleccións.
Nunca máis podemos aceptar realizar unhas eleccións sen que
se garantice primeiro un reparto extraordinario sen ningún tipo de desconto PARA TODAS AS UNIDADES DE REPARTO DE GALIZA en igualdade de condicións
para todos.
Porqué os sindicatos asinantes (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) nas
mesas de negociación en Madrid non esixiron que se incluíra un reparto extra
sen desconto na Circular de Eleccións. NON
SE ENCHEN A BOCA DICINDO QUE ELES SON A MAIORÍA SINDICAL
...¡¡¡POIS NON SE NOTA CARALLO !!!
Se a empresa non contempla un reparto extraordinario nas
Circulares de vindeiras eleccións a
C.I.G. convocará unha FOLGA en Correos coincidente coa Campaña Electoral.
PROFESIONAIS
SI, PERO PARVOS NON