Outro ano máis os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral, enténdase, CCOO, UGT, CSIF e S.L, volven a perxudicar ao persoal rural unha ano máis, sen poder pedir moitas das axudas de acción social debido a que se lles segue sumando como ingresos o que perciben pola achega de vehículo.
Correos segue facendo caso omiso das reivindicacións mais transcendentes convertendo as Axudas de Acción Social en míseras esmolas repartidas cada vez de maneira máis inxusta. Agora só nos queda esperar que non reduzan as cantidades das axudas, algo que non saberemos ata que se resolva cada convocatoria.
AXUDAS
|
PRAZO INSTANCIAS
|
PREVISIÓN DO PAGO
|
Estudo para fillos (libros e material escolar)
|
Dende o 29 de maio ata ó 10 de outubro
|
Nómina decembro
|
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
|
Dende o 29 de maio ata ó 10 de outubro
|
Nómina decembro
|
Tratamento da Saúde
|
Dende o 29 de maio ata ó 19 de setembro
|
Nómina
novembro / decembro
|
Fillos con Discapacidade
|
Dende o 29 de maio ata ó 19 de setembro
|
Nómina novembro
|
Educación Infantil
|
Dende o 29 de maio ata ó 19 de setembro
|
Nómina novembro
|
Anticipos sen Xuro
|
Dende o 29 de maio ata ó 19 de setembro
|
Segundo dispoñibilidade
|
Falecemento
(Perosoal Laboral)
|
Dende o 29 de maio ata ó 31 de decembro
|
Cando se produza o feito
|
Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos na vosa comarca.