9 de maio de 2019

REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN CURSOS PUNTUABLES


ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN CURSOS IMPARTIDOS POR CIG VALORABLES PARA O EXAME DE INGRESO - CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO 2019

A CIG-Correos impartirá todos os cursos que puntúan para a Consolidación de Emprego. 

Os Cursos de “Técnicas de Venta”, “Portfolio de Productos”, “El Cliente y la Cadena del Valor”, “Paquetería”, “SGIE-PDA” “Digitalización III” e “Excel Básico”. 

Para realizar os Cursos a través da CIG non fai falla estar con contrato.

Debido ao custo para impartir este tipo de formación (plataforma homologada, titores, etc) os cursos faranse mediante un pagamento por parte do alumnado.

Todos/as compañeiros/as que resulten finalmente seleccionados realizarán o programa formativo on-line dende un ordenador. 

O comezo de cada acción formativa comunicarase por e-mail, polo que o enderezo do correo electrónico e o número de teléfono móbil persoais introducidos no cuestionario de solicitude de pre-inscrición deberán ser correctos e actualizados.


Inscrición: Deberase cumprimentar o formulario cos datos persoais, a través da seguinte ligazón:  

REMATADO PRAZO INSCRICIÓN

Instrucións:
  • A inscrición non dá dereito á realización do Curso.
  • Sindicato CIG realizará a listaxe definitiva de alumnos.
  • Unha vez comprobado o pago, darase acceso aos alumnos/as mediante clave e contrasinal para os seus Cursos que será remitida mediante correo electrónico.

Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.