O 19 de marzo, no BOE Nº 67, publicouse a
Resolución do 13 de marzo de 2019, do INAP, pola que se aproba a convocatoria
para o exercicio 2019 do procedemento de concesión de axudas destinadas ao
financiamento de plans de formación para persoal funcionario no marco do Acordo
de Formación para o Emprego das Administracións Públicas -en diante AFEDAP-
adoptado na Comisión Xeral de Formación para o Emprego nas Administracións
Públicas, da que forma parte a C.I.G.
O 1 de abril celebrouse reunión en Correos, ao
obxecto de tratar as liñas de actuación así como as accións formativas que
conformarán o Plan que Correos debe presentar para solicitar a subvención
AFEDAP para este ano 2019. Informou que a subvención AFEDAP para o ano 2019
aumenta un 2,6 % respecto do orzamento de 2018 e o período de realización será
dende a concesión da axuda ata o 31 de decembro de 2019.
Na proposta definitiva presentada por Correos
están reflectidas a maioría das propostas
remitidas pola C.I.G. encamiñadas ao aumento do número de participantes. Dende
a C.I.G. temos claro que a formación e fundamental para mellorar a
cualificación, coñecementos e adquisición de competencias do persoal
funcionario que ocupan postos operativos.
A Proposta Inicial de Correos era de 4.300
participantes.
Identificados de Áreas Formativas
|
Áreas
|
Proposta
Inicial Correos
|
Participantes
Propostos CIG 2019
|
Proposta
Final
Correos
2019
|
Específicos Determinados Colectivos
|
Aplicaciones corporativas, Productos y Procesos
|
2000
|
2000
|
2500
|
Información y Atención al Público
|
Atención al Cliente y comercial
|
1000
|
2500
|
2000
|
Nuevas Tecnologías, información y comunicación
|
Tecnología e Informática
|
1000
|
2000
|
2000
|
RR.HH
|
Habilidades
|
300
|
500
|
500
|
Sumas
|
4.300
|
7.000
|
6.750
|