21 de xan. de 2019

Clases Consolidación de Emprego (4055 prazas)


A CIG renova e mellora o acordo coa Plataforma de formación online de cara a preparar o exame para a Consolidación de emprego en Correos. A CIG non fai negocio coa túa formación e por iso busca aos mellores en calidade e prezo. Esta plataforma ofrécenos un profesor do Grupo B de Xestión de Correos con máis de 20 anos de experiencia dando clases para os grupos B, C1, C2 e última consolidación. O sistema e características de estudo da plataforma será o seguinte:

  •  Temario propio totalmente actualizado, ofrecido gratuitamente aos estudantes, xunto co material de apoio ao estudo, descargable da plataforma de formación que se irá actualizando a medida que se produzan novidades.
  • Test realizados na plataforma de formación, autocorrección e reporte ao profesor.
  • As clases serán de contido exclusivo de materias postais.
  • A inscrición para as clases se fará única e exclusivamente a través do sindicato, logo recibirá un email cun enlace para entrar nas clases.
  •   O sistema de formación utilizará unha aplicación informática que permite ao profesor emitir a clase en directo, coas seguintes características:



·           As Clases son on-line e se accede dende un PC, tablet ou smartphon.
·         O alumno ve ao profesor mentres este vai explicando o contido.

·   Dito contido visualizase na pantalla, mentres o profesor vai desprazándose polo tema resaltando e comentando o que explica en cada momento e se lle pode consultar dende o chat da aula. (As clases quedan gravadas na plataforma para que se poda ver tantas veces como se queira. Se non che é posible asistir en directo ou non che apetece, poder ver clase en calquera outro momento.

·   Nalgúns casos, estes contidos estarán formados por elementos gráficos: fotos, debuxos e incluso vídeos explicativos.

·       O contido textual poderá descargarse e imprimirse polos estudantes (recomendase a impresión e estudo previos á sesión da clase correspondente)


·        Os test realizaranse na propia plataforma, fóra do tempo asignado para impartir a clase, sendo logo analizados e comentados polo profesor e alumnos na clase.

·    A duración formulada inicialmente de cada clase será de unha hora e media, unha vez a semana, tendo en conta que isto poderá variar en función da proximidade das datas do exame e a materia pendente de tratar.

·    En calquera caso, a sesión abrirase media hora antes da clase, para que os alumnos vaian accedendo e resolvendo posibles problemas de configuración e para que poidan usar o chat para preguntar dubidas ou suxerencias ao profesor.

·       O profesor enviará periodicamente enquisas para recoller opinións e suxerencias dos alumnos.


·        O prezo para os afiliados a CIG será de 20 euros por cada Tema (13 segundo o programa da última convocatoria), independentemente do tempo que custe impartilos, a ingresar na propia plataforma por paypal ou tarxeta bancaria.


·    As clases comezarían no mes de febreiro (a data de inicio a comunicaremos a tod@s coa suficiente antelación)

Nota: Somos varios os sindicatos que temos establecido o acordo con dita plataforma, non te estranes se a plataforma aparece coa denominación de "Plataforma Sindicato Libre".