Correos coa axuda das cuatrillizas (CCOO, UGT, CSIF, S.L.) deixan sen subida salarial ao persoal laboral a pesar que a partida orzamentaria está aprobada.
Correos xogara durante uns meses co diñeiro do persoa laboral, grazas a estes grandes negociadores. Esta é a sínteses da Xuntanza:
A subida salarial ten carácter
retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2018 e se fará efectiva, de momento, só
para os FUNCIONARIOS. Coa nómina de setembro
tamén se abonarán os atrasos.
O incremento salarial para o PERSOAL LABORAL terá que esperar a
aprobarse na Mesa de Negociación de Correos, VAIA TIMO.
As porcentaxes aplicadas segundo a
normativa son os seguintes:
· Desde xaneiro de 2018: incremento dun
1,50%.
· Desde xullo de 2018: incremento
adicional dun 0,25%, é dicir, un 1,75%.
Estes son os conceptos retributivos FIXOS que se incrementan:
Ø Salario.
Ø Salario paga
extra.
Ø Trienios.
Ø Trienios extra.
Ø Complemento de
destino.
Ø Complemento
específico.
Ø Complemento
específico I ou de ocupación.
Ø Paga adicional.
Ø Complemento de
homologación.
Ø Complemento
específico V ou de garantía.
Ø Complemento de
residencia.
Ø Complemento extra.
A subida dos complementos retributivos
VARIABLES (Tramos, CPA, Complementos de Produtividade…), tanto para funcionarios como laborais, vai demorar ata o tratamento conxunto destes conceptos nas Mesas de Negociación.
A partir de setembro tamén se fará efectivo
o abono do 100% das Incapacidades Temporais (licenzas por enfermidade) dos
FUNCIONARIOS, abonándose as partidas descontadas no mes de agosto co concepto
de “Regularización”.
Grazas
CCOOmpañeiros por deixar sen suba ao persoal laboral sodes grandes
negociadores.