ESCRITO Ó SR. DIRECTOR TERRITORIAL DA ZONA 1ª
CORREOS – COMPOSTELA
Á vista das dificultades sufridas polo persoal de postos operativos de Unidades
de Reparto e oficinas de Atención ó Público, durante a práctica totalidade da
campaña de Nadal e noutras datas puntuais, pola carencia de mobiliario adecuado
e insuficiencia de espazo dabondo para a clasificación e almacenamento de
envíos voluminosos,
a CIG SOLICITA:
A dotación inmediata de mobiliario adecuado para superar ou cando menos
minimizar o problema que supón a falta de espazo que sofren a maioría das UR e
OAP da nosa comunidade co incremento de envíos voluminosos.
A elaboración e posta de en práctica de un plan de renovación ou ampliación
de inmobles co espazo e condicións adecuadas ós envíos voluminosos cos que
traballamos nos últimos tempos.