O pasado día 28 de decembro celebrouse
a Xuntanza da Comisión de Emprego Central na que Correos comunicou un novo
proceso de Consolidación de emprego temporal en fixo correspondente ao
exercicio orzamentario 2017.
Nesta
Convocatoria se recoñece que Correos non ten beneficios: Esta nova
Convocatoria de Consolidación de emprego do 2017 (lembremos que a do 2016 esta
aínda sen resolver) será cunha taxa de reposición dun 75% como máximo, porque a
Lei dos orzamentos xerais do Estado do 2017 establecen ese porcentaxe para as
Sociedades Mercantís públicas que non teñen beneficios en dous dos últimos tres
anos.
Os aspectos máis
relevantes das bases son os seguintes: - Número de postos a cubrir: 1.959
Vacantes
- 1.869 postos
no grupo profesional IV, Persoal Operativo.
A este número de prazas restaráselles a reserva obrigada para a cota de discapacitados, porcentaxe que se determinará na comisión de emprego.
A este número de prazas restaráselles a reserva obrigada para a cota de discapacitados, porcentaxe que se determinará na comisión de emprego.
- 90 prazas
destinadas para postos de singular complexidade técnica ou especialización nos
Grupos II e III
- A petición dos postos de traballo e a oferta
realizaranse a nivel provincial, en base ás necesidades de emprego que teña
Correos. En próximas fases, determinaranse os requisitos dos participantes, o
sistema de selección, a distribución provincial da oferta de postos de traballo
e as súas características, así como os prazos e forma de presentación de
solicitudes previstas no proceso. As bases xerais para a presente convocatoria
publícanse en: - Conecta, a través do canle Persoas/ apartado Convocatorias -
Na web de Correos (www.correos.com).
Esta convocatoria parécenos unha broma
dos santos inocentes xa non só polo día da Xuntanza (28 de decembro), se non
porque se van acumulando convocatorias e por parte dos sindicatos asinantes non
se esixen que se cumpran. Lembremos que hai unha Convocatoria pendente de
resolver de 2.345 prazas do ano 2016. No lugar de convocatorias parécennos
brindis ao sol.
A
quen convén esta acumulación de Convocatorias???
Esta claro que aos sindicatos
Asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSif e S.L.) fan negocio enchendo as academias e
vendendo temarios.
A CIG esixe que se rematen cos
seguinte procesos:
- 7ª Resolución
do Concurso de Traslados (aínda faltarían outras dúas)
- Que se
convoquen as prazas da Consolidación de emprego 2016
Desprovisionalización
das prazas de Directores de Oficina e Xefes de Distribución