Os sindicatos asinantes do III Convenio
e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT e SL), incumpren sistematicamente o pactado coa
empresa, mantendo a boca pechada sobre este problema sen esixirlle a Correos
que se sente a negociar conforme ao establecido no Acordo xeral que di
textualmente:
“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de
desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense
a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio
Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do
carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación
de cálculo e cobramento deste.
Segundo o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital,
o prezo do carburante en Galiza e o mais caro de toda a península, dende
xaneiro deste ano o prezo do carburante se incrementou en Galiza nun 1,7%, seis
veces máis que no resto de España, onde a suba foi do 0,28%.
CCOO, UGT, CSIF e S.L. deixan claro que do persoal rural só
lles interesa os seus votos pero non os seus dereitos. O persoal rural esta perdendo cartos grazas á empresa coa complicidade
destes sindicatos
A CIG Solicita con
respecto ao persoal rural:
-A suba inmediata
do prezo do combustible coa actualización dos prezos, que dende o ano 2011 non
se revisan.
-Que, Correos
realice as xestións necesarias coa finalidade que os 4 céntimos de diferenza entre o que paga Correos 0.2302 céntimos
por indemnización por aportación de vehículo quilometro día e os 0,19 céntimos
establecidos na administración non tributen na declaración da renda.
-Que, o que se
cobra por indemnización por aportación de vehículo non se teña en conta para a
concesión das Axudas de Acción Social, do contrario este colectivo sempre
estará condenado a estar sen elas.