Segundo o establecido no artigo 58 q)
do III Convenio Colectivo da S.E. Correos e Telégrafos S. A.: “Cando
os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos, a empresa recoñecerá
dous días adicionais de descanso”.
Se tes ou
tiveches contrato en vigor durante os días 24 e 31 de decembro (durante os dous días ou
durante un de eles),
DENDE O SINDICATO CIG RECOMENDÁMOSCHE que pidas,
o antes posible e por escrito ó teu xefe inmediato (ficando con copia), os días
de APs que che correspondan (un ou dous).
-Se
vas seguir contratado/a durante o próximo mes de xaneiro, pídeos para antes do
día 31 de ese mesmo mes.
-Se
non vas seguir contratado/a durante o mes de xaneiro, pídeos durante o primeiro
contrato que teñas no próximo ano, facendo alusión a que os pides con cargo ós
días 24 e 31 de decembro de 2017, período durante o que estiveches traballando,
pero durante o cal non os puideches gozar.
Nota: O impreso de solicitude tédelo colgado en:
Conecta.correos.es/Información permisos e
licenzas/Vacacións/Asuntos Propios Nadal/Laborais ( Nel anotade as observacións que consideredes
pertinentes.