Baixas Persoal LABORAL
Coa
entrada en vigor da Orde ESS/1187/2015 de 15 de xuño, que desenrola o Real
Decreto 625/214 de 18 de xullo, cambia moito a tramitación das baixas .
Tempo ou duración
da baixa
Os médicos marcarán unha duración estimada da baixa.
Establécense catro tipos de baixa:
- 1. Moi curta: De menos de cinco días
- 2. Curta: De cinco a trinta días naturais
- 3. Media: De trinta e un a sesenta e un días
- 4. Longa: De máis de sesenta e un días.
Partes de Baixa
- Para baixas moi curtas: O médico poderá facer o parte de baixa e alta ó mesmo tempo.
- Para as baixas Curtas e Medias: O parte de baixa deberá indicar a data da seguinte revisión, en principio para estas baixas será de sete días.
- Para as baixas Longas: O período de revisión non será antes dos catorce días.
Para ollar o BOE coa publicación destas novidades e cos novos modelos de parte de baixa PREME