MESA
CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO (9 decembro):
A pesares que Correos informou na Mesa que xa tiña a
autorización formal de Facenda para proceder ao proceso de Consolidación de
emprego, o único certo e que aínda non hai nada en claro, continúan con
borradores emprazándose para o vindeiro 15 de decembro e outra xuntanza para
antes de rematar o ano, xustamente despois das eleccións xerais, entón
preguntámonos que garantías reais hai que o novo goberno respecte o acordado???
Novidades que constan neste novo borrador:.
- Desenvolveranse medidas de emprego que
contribuían á integración de persoas con discapacidade.
- Nos supostos de avaliación negativa e a non
superación do período de proba, os candidatos non poderán solicitar o posto que
desempeñaban no momento da sanción.
- Correos publicará unha lista de admitidos/excluídos
e dará un prazo de 7 días naturais para emendar erros.
-Os datos facilitados nas solicitudes formarán
parte do ficheiro de selección de RRHH.
-A convocatoria publicarase tamén na web de
información 060 www.administracion.gob .es
-A valoración de méritos efectuarase á data
da publicación das bases.
-Os méritos por antigüidade serían dos
últimos 5 años.
-O exame sería presencial.
MESA
SECTORIAL – PERSOAL FUNCIONARIO (10 de decembro):
Tras tres anos sen
convocarse a Mesa Sectorial, grazas aos sindicatos asinantes do Acordo Xeral
(CCOO, CSIF, UGT e S.L.) e a Correos, acostumados a asinar Convenios e
trasladalos directamente ao Acordo Xeral sen ter en conta a regulación
especifica do persoal funcionario, agora veñen a vendernos coma un logro a
concesión dos días do EBEP, días que por certo o resto de funcionarios da
Administración Xeral do Estado xa o están desfrutando dende fai dous meses que se aprobou esta medida. Na Mesa Sectorial
Correos comunicouse o seguinte:
Días
adicionais segundo antigüidade do EBEP (canosos): Os días adicionais correspondentes
ao ano 2015 poderanse desfrutar entre o 31 de xaneiro 2015 e o 31 de maio de
2016.
Promoción
Interna: Correos
informa que aínda esta pendente da autorización por parte do organismo
dependente do Goberno.
25 Prazas de acceso para o Grupo A1
25 Prazas de acceso para o Grupo A2
300 prazas para o Grupo C1
25 prazas para o Grupo C2