A Xunta Electoral pediu explicacións a Correos diante a denuncia de que pode haber correspondencia electoral (votos por correo procedentes do extranxeiro) extraviada no CTI (Centro de Tratamento Internacional) de Barajas. Segundo os traballadores este grave problema débese á mala xestión e a incapacidade dos responsables de Correos no aeroporto.
Por outra banda decenas de paquetes acumúlanse desde o mes de novembro nos patios de Correos en Barajas, segundo se denunciou. O Centro de Tratamento Internacional (CTI) viuse desbordado polo aumento do número de paquetes, procedentes principalmente de China, a diminución do persoal e a falta de espazo fan que sexa inasumible o traballo.
Notas na prensa: El Mundo