O 15 de decembro celebrouse a quinta xuntanza da
Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos amosou o
seu interese por acercar posturas para chegar a acordos insistindo en que non
poden achegar propostas formais porque aínda non están autorizados pola SEPI.
Con respecto ás propostas de Correos entregadas na anterior reunión, informou o
representante de Correos dunhas
modificacións de mellora (en realidade e deixar eses puntos tal e como
están agora no anterior Convenio).
Estas son as
modificacións que presentou Correos das propostas presentadas na 4ª reunión
- Flexibilizar as funcións dos postos de atención ao cliente, reparto e xefaturas de equipo en aras dunha maior polivalencia (isto ségueno mantendo, queren mozo para todo)
- Eliminación das compensacións económicas nas mobilidades funcionais e xeográficas. (isto modifícano, agora propoñen negociar indemnizacións en determinados supostos ou transporte por parte da empresa e propoñerán que teñan preferencia nos concursos de traslados )
- Mellorar o sistema de selección do persoal de atención ao cliente (isto mantéñeno, elixir a dedo ao candidato)
- Reducir a tres as adxudicacións do Concurso Permanente de Traslados.( auméntanas a seis)
- Potenciar os contratos a tempo parcial e en prácticas.(retiran o de prácticas)
- Potenciar a xornada partida e garantir os servizos dos días 24 e 31 de decembro.( déixano como estaba no anterior Convenio)
- Axustar os permisos ao contemplado no ámbito da Función Pública e Estatuto dos Traballadores ( déixaos como están no anterior Convenio)
- Reducir os permisos por enfermidade familiar incluíndo como condicionante os famosos desprazamentos.( déixanos como están ata agora)
- Aplicar os descontos que teñen os funcionarios por enfermidade ao persoal laboral. (isto mantéñeno)
Valoración da
CIG:
- Non nos cabe a menor dúbida que o Convenio xa o teñen máis que amañado, se non como se explica que uns destes sindicatos por erro xa publicara na súa web o contido da xuntanza antes de que empezara.
- Non sabemos cales son esas melloras das que tanto falan CCOO,UGT,CSIF e SL, porque no mellor dos casos e deixar aos traballadores coas mesmas condicións que tiñan no anterior Convenio, sen mellora algunha, si acaso con perda de dereitos como no caso de aplicar os mesmos criterios de descontos por enfermidade común do persoal funcionario ao laboral.
- Manter dereitos do anterior Convenio non é ningún logro se o miramos ben, as melloras que nos queren vender estes sindicatos, non deixan de ser dereitos que ten o persoal funcionario, que por converxencia de dereitos se aplican ao persoal laboral.
- Onde están os puntos importantes polo que entendemos se debería estar negociando o Convenio, como por exemplo:
-
Os Incrementos
salariais nas retribucións fixas ou de converter as retribucións variables en
fixas. Disto
non falan nada, moi pola contra,
calquera suba salarial quérena en
retribucións variables condicionadas a penalización por produtividade e
absentismo, con criterios de aplicación sempre favorables á empresa, así se un
traballador quere cobrar o seu mísero soldo terá que ir a traballar enfermo ou
botar as tripas no seu posto.
-
Destrución de emprego. Tampouco lles interesa
falar disto; nos derradeiros 5 anos destruíronse 14 mil postos de traballo en
Correos sen que estes sindicatos digan nin pío. Sen embargo atrévense a falar
agora de consolidación de emprego, cando nin sequera foron capaces de loitar polos postos existentes. Así vemos
como Correos continúa suprimindo prazas por tódalas oficina onde hai vacantes.
-
Concurso Permanente de
Traslados. De
pouco vale que sexan tres ou seis as resolucións, si Correos non saca todas as
vacantes, todo grazas a que estes sindicatos asinan unhas condicións sempre
favorables á empresa. Como exemplo valga o que di o derradeiro Convenio ao
respecto “Só se cubriran por este
procedemento aqueles postos que determine a empresa en exercicio das súas
facultades directivas ….”
-
Xornada laboral de luns
a venres para todos os Colectivos. Isto tampouco interesa a pesares da discriminación entre
colectivos dunha mesma empresa.
-
Suba do carburante para
o persoal Rural. O ultimo Convenio e Acordo Xeral asinado por CCOO, CSIF, UGT
e SL, foi unha burla para este colectivo.
Os asinantes e Correos comprometíanse a analizar dentro dos tres meses
seguintes á entrada en vigor de III Convenio, o custo que a evolución dos
prezos do carburante tivo. Sen embargo
nunca se sentaron a negocialo, causando
un prexuízo económico grave a este colectivo e un aforro de cartos moi
considerable a papa Correos .
-
Unha solución real para
o colectivo de fixos-descontinuos e a tempo parcial. Posibilitar o acceso a
postos de xornada completa, ofertándolle os postos vacantes antes de cada
proceso de novo ingreso.
-
Cláusula de
ultraactividade. Este punto é innegociable o IV Convenio Colectivo de Correos
ten que ter cláusula de ultractividade sen condicionantes nin limitacións.
-
Regulación do permiso
para ir ao médico. Non se pode permitir que un dereito nolo vendan como se fora
un favor da empresa, que che permite ir ao médico porque son bos.
-
Recargos. Institucionalizáronse
con estes sindicatos que non só os permitiron, se non que ademais xogaron a
favor da empresa, indo polas oficinas intentando convencer e asustando a xente
dicindo que as cousas estaban moi mal e que había que asumir as recargas de traballo,
e ademais tiñamos que dar grazas de ter
un posto de traballo.
¡¡Agora valora ti se isto é o que se debería estar negociando
ou o que estes nos queren vender!!