27 de xan. de 2021

Apertura Bolsas de Emprego 2021

 

Hoxe 27 de xaneiro Correos da por pechadas as negociacións e procederá á publicación das Bases Definitivas en canto os servizos tecnolóxicos de Correos confirmen a data de apertura.  

SOLICITUDES: Unicamente on-line na páxina

Þ    www.correos.es

Þ    Ou na intranet de Correos.

PRAZO DE INSCRICIÓN: 

Do 3 de febreiro ó 12 de febreiro do 2021 (Se tecnicamente é posible)

POSTOS A CUBRIR: Atención ó cliente

                                       Axente/clasificación

                                       Reparto 1  Motorizado e servizos rurais

                                       Reparto 2 Pé servizos rurais non motorizados

Importante: Todo o mundo se ten que volver a apuntar aínda que actualmente figure nas bolsas. 

Só se poderá figurar en dúas bolsas como máximo e teñen que ser na mesma provincia ou provincia limítrofe.

Modalidades de Xornada (Só se poderán elixir dúas modalidades de xornada das tres posibles): 

  • Tempo completo
  • Tempo parcial con distribución diaria semanal (mínimo con 4 horas diarias/continuadas excepto no ámbito rural)

·         Tempo parcial por días: determinados días á semana ou con distribución de venres, sábados, domingos e/ou festivos (mínimo 4 horas/diarias continuadas) 

MÉRITOS:

Os méritos dos candidatos se valorarán a data do 12 de febreiro de 2021

A suma da antigüidade é dende o 1 de maio de 2012 ata o 12 de febreiro. Se valorarán en total 105 meses de traballo. Se sumaran os días de cada relación laboral desde a data indicada e nos contratos a tempo parcial se restaran a porcentaxe correspondente. O máximo de puntuación en Axente e Reparto a Pé é de 15 (6+9) puntos e en  ATC e Reparto a Moto 14 (5+9).

A Titulación Universitaria e Grao Superior de FP 6 puntos en  ATC e 2 puntos en Reparto e Axente. A titulación de Bacharelato ou Grao Medio de FP  3 puntos para postos de ATC e 1 punto para postos de Reparto e axente.

Carné de Conducir: Para postos de Reparto a Moto estar en posesión do permiso específico de moto (A, A1 e A2) 6 puntos. Permiso tipo B 3 puntos. Para postos de Reparto a Pé e Axente o permiso  B  3 puntos.

Puntuación por preguntas acertadas no último exame de ingreso: Por ter de 40 a 49 preguntas acertadas, 1 punto. De 50 a 59, 2 puntos. De 60 a 69, 4 puntos. E máis de 70 son 6 puntos en ATC e 5 puntos en reparto/axente

Cursos de Formación Homologados por Correos: O cliente e cadea de valor, 0,50;  Portfolio, 1,30;  Paquetería, 1,30; Excel Básico, 1,30; Dixitalización 0,50;  SGIE e PDA, 1,60 (só puntúa en Reparto e Axente); Técnicas de Vendas, 1,60 (só puntúa en ATC). Máximo de 6 puntos para todos os postos.

Coñecementos de idiomas: En postos de Reparto e Axente por coñecemento da lingua autonómica (CELGA 1) 1 punto.  Polo título de inglés A2, 1 punto. Para postos de  ATC a lingua autonómica (CELGA 2) son 3 puntos e por acreditar a titulación de inglés   B1 3 puntos.

No blog da CIG publicaremos tódolos enlaces da Convocatoria unha vez estean operativos e se confirme a data de inscrición. Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.