A CIG renova o acordo coa Plataforma de formación online de
cara a preparar o exame para a Consolidación de emprego en Correos. A CIG non
fai negocio coa túa formación e por iso busca aos mellores en calidade e
prezo. Esta plataforma ofrécenos un profesor do Grupo B de Xestión de Correos
con máis de 20 anos de experiencia dando clases para os grupos B, C1, C2 e
última consolidación. O sistema e características de estudo da plataforma será
o seguinte:
- Temario
propio totalmente actualizado, ofrecido gratuitamente aos estudantes, xunto co
material de apoio ao estudo, descargable da plataforma de formación que se irá
actualizando a medida que se produzan novidades.
- Test
realizados na plataforma de formación, autocorrección e reporte ao profesor.
- As
clases serán de contido exclusivo de materias postais.
- A
inscrición para as clases se fará única e exclusivamente a través do sindicato,
logo o alumno recibirá un email cun enlace para entrar nas clases.
- O
sistema de formación utilizará unha aplicación informática que permite ao
profesor emitir a clase en directo, coas seguintes características:
· As Clases son on-line
e se accede dende un PC, tablet ou smartphon.
·
O
alumno ve ao profesor mentres este vai explicando o contido.
· Dito
contido visualizase na pantalla, mentres o profesor vai desprazándose polo tema
resaltando e comentando o que explica en cada momento e se lle pode consultar
dende o chat da aula. (As clases quedan gravadas na plataforma para que se poda
ver tantas veces como se queira. Se non che é posible asistir en directo ou non
che apetece, podes ver a clase en calquera outro momento).
· Nalgúns
casos, estes contidos estarán formados por elementos gráficos: fotos, debuxos e
incluso vídeos explicativos.
· O
contido textual poderá descargarse e imprimirse polos estudantes (recomendase a
impresión e estudo previos á sesión da clase correspondente)
·
Os test
realizaranse na propia plataforma, fóra do tempo asignado para impartir a
clase, sendo logo analizados e comentados polo profesor e alumnos na clase.
· A
duración formulada inicialmente de cada clase será de unha hora e media, unha
vez a semana, tendo en conta que isto poderá variar en función da proximidade
das datas do exame e a materia pendente de tratar.
· En
calquera caso, a sesión abrirase media hora antes da clase, para que os alumnos
vaian accedendo e resolvendo posibles problemas de configuración e para que
poidan usar o chat para preguntar dubidas ou suxerencias ao profesor.
· O
profesor enviará periodicamente enquisas para recoller opinións e suxerencias
dos alumnos.
· O prezo
para os afiliados a CIG será de 20 euros por cada Tema (11 segundo o programa
da convocatoria), independentemente do tempo que custe impartilos, a ingresar na
propia plataforma por paypal ou tarxeta bancaria.
·
As clases comezarán o
1 de abril.