Vergoñento
espectáculo ofrecido por Correos e os catro sindicatos asinantes habituais.
Despois
do cabreo e acusarse entre eles de tongo e deslealdade (supoñemos que algo
saberán disto) na xunta de onte e ante a situación creada celebrouse hoxe unha
nova xunta onde se acordaron outras
notas de corte. As consecuencias desta manipulación, ou como queiramos
chamarlle son imprevisibles. O certo é que a propósito ou non, están a poñer en perigo
todo o proceso, polas
consecuencias xurídicas que poidan derivarse con este baile de notas.
NOVA NOTA de CORTE
63
respostas acertadas para Reparto e Axente Clasificación
67
respostas acertadas para Atención ao Cliente
O
Órgano de Selección está formado por 10 membros repartidos entre Correos e os sindicatos
CCOO, UXT, S.L. e CSIF.
O
único que nos está deixando claro este Órgano é que non se poñen de acordo nin
para chanchullear. Faltándolle ó
respecto a todos e todas os participantes do proceso. Xa veremos en que remata
todo isto.
Ademais pon a dispor de todos os seu afiliados e afiliadas este servizo por si viran afectados os seus dereitos na situación creada.