Correos segue na súa liña realizando
reunións informativas e non de negociación e só contestando o que lle interesa.
Hoxe volvéronnos a pasar os datos de
contaxios pero de forma global sen especificar provincias nin Centros de
traballo.
Desde CIG non cremos estes datos,
sobre todo desde que de forma máxica pasamos de ter mil contaxiados ou probables a menos da
metade, segundo eles porque aplicaron o sistema de reconto do ministerio de
sanidade. Os datos que nos facilitaron na reunión son os seguintes:
- Contaxiados verificados por test 65 dos que 27 son altas.
- Posibles contaxiados 580 dos que son altas 394.
- - Hai 2.936 persoas en
corentena dos que 2.680 son xa altas.
- Reitéranse en que o persoal con máis de 60 anos sen patoloxías asociadas ao COVID-19 e sen baixa médica se teñen que incorporar o luns 11.
- Que están en proceso de adquirir 50.000 pantallas faciais para reparto (aínda que tamén se distribuirán ao persoal de ATC) e licitouse unha compra de 15 millóns de luvas.
- - En canto ao transporte do persoal dos centros de tratamento, segundo Correos o Mº de Transportes emitiu unha orde que amplía ata un 50% de ocupación nestes vehículos. A máscara será obrigatoria.
- - Transporte en furgonetas de ata 9 prazas para trasladar ao persoal de
reparto desde as carterías ás seccións
de reparto permítese dúas persoas por fila de asentos, sendo tamén as máscaras
obrigatorias.
Desde CIG na nosa intervención deixamos
claro que estamos en contra deste Plan de
desescalada que o seu único obxectivo é de recuperar a actividade produtiva normal da
empresa canto antes, priorizando o negocio á seguridade e saúde dos
traballadores.
Denunciamos a presión que está a exercer
a empresa aos compañeiros que están de baixa por ser persoal sensible para que
se incorporen aos seus postos con chamadas do xefe de quenda ou das Mutuas ou
mesmo de ambos para que se incorporen
aos seus postos de traballo canto antes.
Con respecto da volta do persoal maior
de 60 anos preguntamos se:
Se realizou polo servizo de prevención
unha avaliación dos postos de traballo para que este persoal vulnerable se
poida incorporar aos seus postos de traballo coa garantía de que non existe
risco á súa persoa?
Sobre a volta do 100% do cadro de persoal preguntamos
- A partir do día 11 de maio
como vai ser a entrada e saída do persoal nos centros de traballo para que non
haxa aglomeracións?
- Téñense previstas entradas
e saídas graduadas do persoal? Ou van
deixar que cada xefe de unidade organice e improvise á súa maneira?
-
Tamén preguntamos sobre o Concurso de Traslados:
- Se lles van facer TEST ao
persoal do Concurso de traslados que proceda doutras provincias?
- Como se van a poder
incorporar aos seus postos de traballo o día 1 de xuño se a fase 2 do goberno
non empeza ata o día 8 de xuño. Quen habilita a mobilidade entre provincias?
-
Sobre o persoal de novo Ingreso toma de posesión 1 de xullo:
- Ao persoal de novo ingreso
que tomará posesión en xullo se lles vai facer TEST de COVID-19?
Sobre o exame de Ingreso
- En canto ao Exame de
Ingreso na que se deu data para outono, tívose en conta ao servizo de promoción
da Saúde para facer ese anuncio? Preguntámolo porque desde o propio Goberno
están a dicir que as clases en setembro se terán que iniciar co 50% de alumnos
ou menos.
- Como se pretende meter a
miles de persoas en naves, como é o caso de Silleda en Galicia na que se
examinaron 7 mil persoas?
-
Todas estas cuestións quedaron sen
resposta por parte da empresa, o que non fai máis que afirmarnos na nosa
convicción de que Correos actúa por impulsos e que este plan é un cúmulo de
despropósitos e de improvisacións.

Desde CIG seguimos reiterando que:
- Que se realicen TEST de COVID-19 a todo o persoal sen excepción para
identificar os posibles casos de contaxiados/as, asintomáticos e poñelos
corentena. Tamén se deben realizar Test ao persoal que se vai reincorporando e
que a desecala debe ir en función de como vaian diminuíndo as posibilidades de
contaxio de cada comunidade autónoma.
- Que se dote ás unidades de
termómetros dixitais con medición por infravermellos ao comezo da xornada
laboral. Coa finalidade de detectar posibles casos.
- Que
as medidas de desescalada deben ir en función da exposición que exista en cada
caso. Por tanto débese distinguir a desescalada entre postos de traballo, entre
CCAA e incluso entre provincias e localidades.
- Que ante un caso de posible
contaxio, se paralice a actividade nese Centro se proceda á desinfección e a
poñer en corentena a todos/as os traballadores/as desa unidade mentres non se
lles realicen os TEST.
- Que
se deben establecer corentenas aos envíos, pola permanencia do virus en
determinadas superficies.
- Que se encargue a unha empresa
especializada un estudo sobre o mantemento e limpeza dos equipos de
climatización ante o COVID-19 e así
mesmo se determine se o uso destes equipos aumenta a propagación ou non do COVID-19.
- Que, ante a posibilidade de que o
virus se transmita por vía aérea, alí onde fose posible e houbese xanelas ou
sistemas similares, se opte pola ventilación natural apagando o aire
acondicionado.
- Que as luvas, máscaras e xeles
desinfectantes se consideren como EPI´S
e ante a falta de calquera destes elementos se paralice a actividade.
- Que a limpeza e desinfección dos
vehículos e dos equipos de traballo a realicen empresas especializadas e non os
traballadores. Non se lle pode cargar con esa responsabilidade aos traballadores/as
de Correos, porque non teñen a formación nin o tempo para realizala.
- Que
en cada Centro de traballo este exposto a vista de todos os empregados/as o
rexistro de limpeza diario, debéndose concretar no cadro a limpeza e
desinfección que se realizou.
- Que
entre unha quenda de traballo e outra se deixe un intervalo de 30 minutos para
que se airee o lugar e para que no seu caso se leven labores de desinfección e
limpeza.
- Que
se establezan pautas de uso y desinfección da roupa do traballo.
- Que
se realicen os tramites pertinentes para que axilicen as prexubilacións ou
xubilacións do persoal sensible maior de 60 anos que estean en condicións e
queiran acollerse a ela.
- Que
non se incorpore ao persoal aos seus postos mentres que non se poida garantir
que dispoñen de tódalas medidas de seguridade establecidas. Por exemplo co
persoal Administrativo que está tele-traballando que se coloquen Biombos de
metacrilato entre as mesas e que nas oficinas rurais de menos dunha hora e
media de servizo tamén se coloquen.
- Que
dentro dos vestíbulos das oficinas de atención ao público haxa tantos usuarios
como postos de atención ao público existan, gardando a distancia de 2 metros en
todo momento. O resto de usuarios debe permanecer na rúa ate que algún dos
usuarios atendidos salga. Porque entendemos que debemos ter o menor número de
público posible nos recintos cerrados.
- Que
necesitamos medidas de Conciliación Familiar e de flexibilidade horaria para os
nosos traballadores/as que teñen persoas maiores e menores a cargo que por
medidas de seguridade sanitaria non poidan deixar a cargo de terceiras persoas.