A publicación das notas de corte queda aprazada para mañá debido aos enfrontamentos que tiveron hoxe os sindicatos asinantes.
Dous dos sindicatos que acudiron a xuntanza de hoxe xa tiñan a información de antemán e a espallaron polas redes sociais antes de que rematara a xuntanza, o que motivou que o resto dos sindicatos entrara en cólera e solicitaran a nulidade da xuntanza.
Para calmar os ánimos, Correos decidiu convocar para mañá unha xuntanza do Órgano de Selección, ás 11am, con obxecto de publicar as notas de corte.
Descoñecemos se variarán as notas espalladas hoxe polas redes sociais, todo dependerá da presión que metan os sindicatos que se sentiron traizoados.
Có que haxa, seguiremos informando...