Correos comunicou
que na nómina do mes de setembro abonaranse as cantidades correspondentes á
suba salarial do ano 2019 máis os atrasos acumulados ate o 31 de agosto deste
ano. Esta suba se aplicara a todos os colectivos.
INCREMENTOS SALARIAIS:
Persoal funcionario,
Laboral fixo e eventual incremento do
2.25% das retribucións dende o 1 de xaneiro de 2019.
Incremento
adicional do 0.25% a partir do 1 de xullo de 2019.
Estes son
os conceptos retributivos FIXOS que
se incrementan:
Ø Salario.
Ø Trienios.
Ø Complemento de posto tipo ou de destino.
Ø Complemento de ocupación ou específico.
Ø Complemento específico I ou de ocupación.
Ø Complemento extra.
A subida
dos complementos retributivos VARIABLES:
Ø Complemento de Produción e Asistencia CPA
Ø Complemento de permanencia e desempeño (Tramos)
Ø Pluses de nocturna, sábados, festivos e automatización.
Ø Gratificacións de Nadal e eleccións.
Ø Horas extras.
Suben as retribucións
EXCEPTO a indemnización por aportación de vehículo que continua e continuará
conxelada.
A pesares
destas subas seguimos á cola do resto de empregados da Administración. Estas
subas no son outras que as asinadas co Goberno do PP, por tanto que non se
poñan medallas nin a empresa nin os sindicatos asinantes.
Seguemos
sendo o servizo público mellor valorado pola opinión publica e o peor pagado da
administración, con recargas de traballo
inasumibles.