Unha nova tomadura de pelo!!!! perpetrada polos sindicatos habituais coa colaboración
indispensable de Correos. A estas alturas xa temos claro que son dúas caras da
mesma moeda.
Os
sindicatos da Casa dixeron que en 6
meses desaparecerían os sábados obrigatorios (isto foi en decembro do 2018)
que se farían os servizos con persoal
voluntario, (cobrando menos por
sábado que no seu dia lle pagaron aos sabaderos e con un prezo por hora traballada menor que o das
empregadas de fogar). A día de hoxe non houbo nin un so movemento que nos
faga pensar que os sábados se van a eliminar e estamos rematando o mes de xuño.
Por
contra si se está a tramitar un real
decreto que modificará o Estatuto dos Traballadores e a Directiva
2003/88/CE do Parlamento Europeo e do Consello desregulando totalmente o librado semanal de tódolos traballadores e traballadoras de Correos.
Como é
evidente este real decreto non só podería facilitar que nunca chegue a librar
en sábado o persoal que aínda fai esta xornada, senón que as carterías que xa
non traballan os sábados volveran a ter que realizar estes servizos, claro está
todo a capricho de correos que para elo so tería que negocialo coas súas amadas
cuatrillizas.
Estrañamente
o Sindicato de cabeceira cambia o paso con respecto o resto da compañía e di
que este RD é necesario para o librado de sábados; pero imos ver, xa esta ben
de enganos: cando
libraron os compañeiros das carterias non fixo falta ningún RD. porque agora
si?? iso non ten nin pes nin cabeza,
que é o que pretenden ocultar????.
Ata cando teremos que seguir soportando a esta tropa que só viven da mentira e do engano????? está nas nosas mans acabar con esta situación.!!!!!